Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 344 novas da área temática Transporte:

06/04/22 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Medio centenar de taxistas da cidade de Vigo promocionarán o Xacobeo nos seus vehículos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, agradeceu aos autopatróns a súa contribución á divulgación do Xacobeo, “que é bo para os vigueses como é bo para todos os galegos”

06/04/22 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez apela á implicación do conxunto de Comunidades Autónomas para evitar que a futura Lei estatal de mobilidade sostible agrave as desigualdades territoriais

Manifesta a “inquedanza” de Galicia ante un texto legal que propón supeditar a execución de estradas á rendibilidade económica, o que dificulta garantir a conectividade no rural

05/04/22 | 17:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que 925 servizos de autobús semanais conectan a comarca co Barbanza e avanza un reforzo das comunicacións con Santiago

Vázquez Mourelle precisa que en días laborables, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira están conectados por 35 servizos de ida e volta entre as 6:20 e as 23:30 horas

01/04/22 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca as axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías, dotadas cun orzamento de case 12,5 M€

Están dirixidas ao achatarramento de vehículos, á adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono ou á modificación da forma de propulsión, así como á implantación de infraestruturas de recarga eléctrica

20/03/22 | 16:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inxectará máis de 3,5 M€ para blindar o transporte público de viaxeiros por estrada fronte á suba exponencial do prezo dos carburantes

O Goberno galego adopta medidas inmediatas para garantir a prestación dun servizo público esencial aos usuarios e dar certezas ao sector protexendo o emprego

18/03/22 | 15:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e Apetamcor demandan ao Goberno de España que declare corredores seguros de transporte para servizos esenciais e dialogue coa plataforma que promove o paro

O Goberno galego comparte a preocupación pola asfixia do sector do transporte, debido á escalada de prezos dos carburantes que os obriga a traballar a perdas

18/03/22 | 14:46

A Xunta urxe á Delegación do Goberno en Galicia a que actúe diante da parálise do sector primario e para que se declaren servizos esenciais na folga do transporte

O Executivo galego insta ao Goberno central a que, dentro das competencias que lle corresponden, mobilice as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para escoltar aos transportistas que non secundan o paro

16/03/22 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta garantirá o correcto funcionamento da estación de autobuses de Ponteareas tras romper o concello o acordo para o seu uso municipal con fins sociais

A Consellería de Infraestruturas adxudicou en febreiro a explotación das terminais de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo para os vindeiros 5 anos, por máis de 2,4 M€

16/03/22 | 11:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza na Coruña unha proba co primeiro autobús de hidróxeno renovable que se incorporará ao transporte público interurbano de Galicia

O vehículo foi testado esta mañá na liña de transporte metropolitano que une o aeroporto de Alvedro co centro da Coruña