Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia recibirá só o 0,5% dos 4.000 millóns do Plan Recuperación e Resiliencia do Estado para a conectividade
O Estado transfire á Comunidade 19,1 millóns de euros para realizar catro actuacións predefinidas que non teñen en conta as particularidades do territorio
O uso de internet crece nun ano un 21% entre as persoas de Galicia de 65 a 74 anos
O 100% dos galegos de 16 a 34 anos empregan internet, por riba da media estatal
Galicia contará cun investimento de 19,6 M€ para seguir avanzando no Polo de Tecnoloxías Cuánticas, na biotecnoloxía aplicada á saúde e nas ciencias mariñas
A través destes plans complementarios de I+D+i do Estado asinados esta semana, Galicia terá a oportunidade de crear sinerxías con outras comunidades e coordinar as distintas capacidades para seguir modernizando a súa economía e transformando o modelo produtivo
A Xunta organiza 30 seminarios e talleres sobre novas tecnoloxías como a industria 4.0 e as smart cities
A Dirección Xeral de Administración Local é unha das entidades incluídas no proxecto Novatfe que acolle estas actividades e foi beneficiario na segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (POCTEP)
A Xunta pon en valor os avances das novas tecnoloxías para mellorar a saúde e os coidados das galegas e galegos
Francisco Conde apunta que Galicia destaca por ser un dos polos biotecnolóxicos máis activos a nivel nacional, con 127 empresas que dan emprego a preto de 1.900 profesionais, e unha destacada presenza no ámbito da medicina
A Xunta investirá 12 millóns de euros nos vindeiros tres anos na loita contra a ciberdelincuencia nas administracións, empresas e cidadanía
A directora da Amtega clausurou hoxe o encontro galego Ciber.gal que abordou os retos da ciberseguridade para o tecido empresarial, a cidadanía e o sector público
Os centros CEIP San Martiño de Pontevedra, e o Colexio Escolapios de Monforte de Lemos, gañadores do Concurso Ciberseguridade no cole!, que se celebrou hoxe na Cidade da Cultura
O centro CEIP San Martiño, de Pontevedra, acadou o primeiro posto na categoría de primaria e o Colexio Escolapios de Monforte de Lemos, en secundaria
A Xunta aposta pola ciberseguridade para afrontar os retos asociados á transformación dixital
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe durante a clausura do “I Seminario de Intelixencia Empresarial e Ciberseguridade”, organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia, a necesidade da colaboración entre as administracións, empresas e a cidadanía para loitar contra a ciberdelincuencia
Xa se coñecen os finalistas do Concurso Ciberseguridade no Cole!, que terá lugar o día 10 de novembro na Cidade da Cultura
As catro provincias galegas terán representación na gran final do concurso
O Edificio Fontán acollerá o día 10 de novembro o concurso ”Capture The Flag”, no marco do Encontro Galego de Ciberseguridade Ciber.gal
Está dirixido a calquera persoa maior de idade disposta a poñer a proba os seus coñecementos e habilidades para resolver retos no ámbito da seguridade