Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Portos:

21/12/21 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Unha delegación de senadores franceses coñece a experiencia de rexeneración ambiental e de recuperación do lago das Encrobas da man de Augas de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade atende cunha visita ao lago, en Cerceda, o interese da delegación francesa na experiencia de transformación da antiga mina de carbón do municipio

21/12/21 | 13:55

A Xunta destina 70.000 euros á mellora, conservación e divulgación de 143 árbores e 38 formacións senlleiras

Belén do Campo avanza que os propietarios dunha senlleira poderán solicitar unha subvención que pode chegar ao 100% do custo da actuación desde mañá e ata o vindeiro 22 de xaneiro

20/12/21 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Axentes da Policía Autonómica rescatan un falcón peregrino ferido cando patrullaban polo Camiño Portugués

A ave rapaz, sen anel e cunha á rota, foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros para a súa recuperación

18/12/21 | 11:20

A Xunta anima desde Santiago a coñecer as sete reservas da biosfera galegas cunha mostra itinerante sobre os valores destes espazos naturais

Con motivo do 50 aniversario da creación do programa da Unesco sobre o Home e a Biosfera, o Goberno galego promove esta iniciativa, que arrancou en Lugo o pasado 1 de decembro e percorre as sete grandes cidades ata o mes de xaneiro

13/12/21 | 13:27

A Xunta leva a Vigo o patrimonio natural das sete reservas de biosfera galegas

A directora xeral de Patrimonio Natural e a delegada territorial da Xunta en Vigo inauguran a exposición itinerante sobre estes espazos, que permanecerá na praza da Estrela ata o xoves, 16 de decembro

09/12/21 | 14:53

A Xunta avanza que a partir da vindeira semana os concellos poderán solicitar axudas dos 13,5 M€ dedicados exclusivamente á separación da materia orgánica

Ángeles Vázquez adianta que as entidades locais poderán optar a subvencións para adquirir contedores, caldeiros domésticos ou comunitarios para os biorresiduos, biotrituradoras, sacas reutilizables e camións para a recollida

09/12/21 | 14:33

A Xunta lembra que as tres reservas de biosfera de Ourense poden optar aos 6,4 millóns de euros de axudas para actuacións de mellora e conservación

As reservas de Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel e a Transfronteiriza Gerês-Xurés, xestionadas pola Xunta, dispoñen dun crédito directo de 1,3 millóns de euros

09/12/21 | 13:02

Gabriel Alén felicita ao CRA Amencer de Ribadavia polo primeiro premio de 'Pilabot' e anima aos centros a anotarse na nova edición, cuxa inscrición remata mañá

O alumnado e o equipo directivo foron galardoados por segundo ano consecutivo no concurso de recollida de pilas, acumuladores e baterías usadas, grazas a un ratio de 87 kg por alumno, o que lles reportou cunha recompensa de 2.500 euros

09/12/21 | 11:38

Os colexios da provincia da Coruña teñen ata mañá para anotarse na nova edición do concurso Pilabot e seguir así o exemplo do premiado CEIP de Caión

O colexio da Laracha recibiu hoxe o diploma que o acredita como un dos galardoados da última edición, grazas á recollida de máis de 46,41 quilos de pilas por alumno, o que lle reportou 1.250 euros de recompensa para material escolar ou deportivo

07/12/21 | 11:21

A Xunta efectuou a restauración ambiental de 1.166 puntos de vertido incontrolado nos últimos sete anos grazas a un investimento de máis de 9,2 M€

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda actuou en máis de 150 concellos, grazas ao cal se rexeneraron 79 hectáreas