Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática i+D+i:

27/09/22 | 13:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta respalda a creación do departamento de innovación da empresa Inproafe a través dunha achega do programa InnovaPeme

A delegada territorial, Martina Aneiros, visitou as instalacións da firma afincada no polígono de Vilar do Colo e que presta servizos eléctricos e de automatización para os sectores industrial, naval e das enerxías renovables
 

27/09/22 | 12:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña que iniciativas como High Tech Auto contribúen a consolidar o ecosistema de innovación da automoción galega

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa na inauguración do 1º Foro – Feira High Tech Auto, onde destaca o papel desta incubadora na transferencia de tecnoloxía a toda a cadea de valor da industria
 

23/09/22 | 22:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca na noite das telecomunicacións os beneficios sociais que aporta o sector TIC autonómico

A delegada territorial da Xunta participou este venres no evento anual dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2022

23/09/22 | 13:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta agarda o apoio do Goberno para que Galicia forme parte do Perte Aeroespacial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañou esta mañá ao comisionado para o Perte Aeroespacial, Miguel Belló, na súa visita ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR)
 

22/09/22 | 17:28 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca o recoñecemento internacional do Sergas en materia de innovación en saúde

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego inaugurou a 1ª Xornada de Innovación en Saúde da área sanitaria de Ferrol, remarcando que “a Xunta seguirá a traballar para que a innovación sexa unha constante no día a día do sistema sanitario público galego”

21/09/22 | 13:04 | A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o obxectivo de colocar Galicia na elite das tecnoloxías de alta precisión ao servizo da investigación e da industria

Pon en valor que esta nova tecnoloxía cuántica, que conta cun investimento de 7M€, permite avanzar na investigación médica, na loita contra o cancro e tamén no estudo de pandemias ou na xestión de recursos pesqueiros, entre outras aplicacións
 

20/09/22 | 15:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon a Unidade Mixta de Investigación-Irmás como exemplo de éxito de colaboración público-privada

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá mediante videoconferencia na xornada ‘Innovación e ciberseguridade para unha Galicia máis resiliente’ coa que se celebrou o aniversario do Centro de Innovación en Ciberseguridade Tegra

20/09/22 | 11:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias participa na apertura do Simposium Urban Solutions que analiza en Vigo o futuro das cidades en torno a enerxía, a mobilidade e os servizos

A delegada territorial da Xunta destacou as xornadas como “unha oportunidade para redefinir un modelo produtivo que poña no centro á innovación, a sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente”.

19/09/22 | 14:14 | C. de Facenda e Administración Pública

O Encontro Galego CIBER.gal acollerá a segunda edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’

O prazo de inscrición ao certame, dirixido a centros educativos de Primaria e ESO de Galicia, permanecerá aberto ata o 10 de outubro
 

17/09/22 | 15:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta ten como obxectivo que a I+D en Galicia oriente todos os esforzos a abordar os retos da sociedade galega

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participou esta mañá en Marín na ‘Xornada de innovación para a cidadanía
3 Retos Ris 3’