Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta comeza as probas de sirenas de aviso á poboación das presas de Galicia
As probas para garantir a operatividade das sirenas non afectan á actividade diaria dos veciños, pero nalgunhas zonas poden ser audibles
A Xunta activa para hoxe unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e de Lugo
Agárdase mar combinada de 5 a 6 metros ao norte de Vilán na Coruña e en torno a Bares en Lugo
A Xunta levará a cabo mañá e o martes probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 32 presas galegas
A proba, que non afectará á actividade diaria da veciñanza, servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de ruptura
A Xunta levará a cabo mañá e o martes probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 32 presas galegas
A proba, que non afectará á actividade diaria da veciñanza, servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de ruptura
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe
Permanece activo o incendio no concello de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar, que afecta unhas 10 hectáreas do parque natural do Invernadoiro
Controlado o lume da parroquia de Seadur, no concello ourensán de Larouco, que segundo as últimas medicións afecta unhas 120 hectáreas
O incendio rexistrado na parroquia de Freixido permanece estabilizado e afecta unhas 140 hectáreas de terreo
A Xunta organiza un curso de formación de axentes da Policía Autonómica, a Policía Local e a Policía Nacional nas intervencións en medio acuático
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu á última xornada desta actividade formativa que se levou a cabo durante esta semana e que acolleu algunha das sesións na piscina da Academia Galega de Seguridade Pública
A Xunta mobiliza preto de 1.200 efectivos e 100 medios para a prevención e extinción de lumes na provincia de Pontevedra
O delegado territorial, Luis López, presentou o operativo para este verán na sala de vixilancia do Servizo de Montes do edificio administrativo de Campolongo, que controla 26 cámaras de última xeración en 13 localizacións
A Xunta destina 1,5M€ este ano á adquisión de material de emerxencias para 16 GES da comunidade
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de cadanseu camión de emerxencias Bomba Rural Pesada (BRP) ao servizo municipal de Emerxencias de Ponteareas e o GES da Mancomunidade de Val Miñor, que se suman aos xa cedidos aos grupos con sede en Muros e Ortigueira
Ademais de 4 camións de emerxencias BRP, o Goberno galego xa entregou outros 3 camións Bomba Urbana Lixeira aos GES de Friol, Moraña e Cervo e 3 furgonetas de emerxencias aos de Brión, Avión e Folgoso e continuará a dotar de equipos de excarceración a máis grupos
A Xunta e o Estado constitúen o Comité de Coordinación Policial Antiincendios para este ano
Este Comité ten como finalidade coordinar as actuacións entre a Xunta e o Goberno central en materia de investigación, vixilancia e disuasión para facer fronte aos incendios forestais na nosa comunidade