Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Administración pública:

21/10/22 | 14:13

A Xunta concede a Bandeira Verde de Galicia a 15 concellos polo seu compromiso co medio ambiente e a conservación da paisaxe

Os municipios da Laracha, Cervo, Muros, Ribadeo, Ribeira e Touro son galardoados por primeira vez e os de Alfoz, Curtis, Moaña, Mondoñedo, Ordes, Outeiro de Rei, Parada de Sil, Porto do Son e Sober revalidan a Bandeira Verde de 2021

20/10/22 | 16:35

A Xunta salienta os bos resultados das actuacións levadas a cabo ao abeiro do Pacto pola Paisaxe da Ribeira Sacra

É un dos 10 proxectos que integran o Plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra, que, cun orzamento de 4,5 M€, representa unha estratexia de actuación ambiental e de ordenación do medio físico que beneficia a un total de 30 concellos

20/10/22 | 15:10 | A Presidencia da Xunta

A Xunta duplica o orzamento para apoiar a adquisición de vehículos eléctricos e a implantación de puntos de recarga

Rueda destaca a aposta do Goberno galego por “promover unha mobilidade máis respectuosa co medio ambiente” e que contribúa “ao aforro da cidadanía ao reducir o consumo de combustible”
 

20/10/22 | 15:09 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que a Xunta recorrerá ante o Tribunal Supremo a reforma do Regulamento de Costas que limita dereitos e reduce as competencias autonómicas no litoral

Destaca que a Administración galega dá un paso máis na súa estratexia por defender os intereses de Galicia fronte a unha lexislación estatal cada vez “máis restrictiva” que busca “erradicar toda actividade humana e económica do litoral”

20/10/22 | 14:30

A Xunta colabora nunha campaña de reciclaxe solidaria promovida por Ecoembes para apoiar a Asociación de Dano Cerebral de Lugo cunha doazón económica

Durante o partido que disputarán este domingo o CD Lugo e o Burgos, animarase aos afeccionados a depositar envases lixeiros, papel e cartón nas papeleiras instaladas no estadio Anxo Carro, ao tempo que se organizarán actividades de sensibilización
 

20/10/22 | 13:39

As Illas Atlánticas xa son o primeiro Parque Nacional de España con certificado de destino ecoturístico

Belén do Campo pon á Reserva de biosfera das Mariñas Coruñesas, que tamén ten o selo de ecoturismo, como exemplo de equilibrio entre natureza e sociedade
 

19/10/22 | 19:12

A Xunta convida á cidadanía a colaborar coa campaña ‘Recicla vidro por elas’ que doará fondos para a loita contra o cancro de mama

Ángeles Vázquez salienta que a prevención é a mellor opción de xestión de residuos e, no cancro, a prevención e a investigación tamén resultan fundamentais para vencer esta enfermidade

19/10/22 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén salienta o traballo de Aspamadis nas distintas dependencias da Xunta en Ourense

O delegado territorial significou que Aspamadis ven desenvolvendo traballos en distintas dependencias da Xunta como os xardíns do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Santa Mª de Europa ou os do Centro de Formación Valverde en Allariz

19/10/22 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese