Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

21/09/21 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de senda peonil e ciclista na estrada autonómica AC-552 entre Pastoriza e Vilarrodís, no Concello de Arteixo

Esta actuación, que suporá un investimento de máis de 150.000 €, desenvolverá o itinerario nesta vía autonómica nun treito que coincide cunha intersección, reformulando ese cruce para maior seguridade viaria e habilitando o espazo para o encaixe da senda

21/09/21 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Luis López salienta que o novo enlace da vía de altas prestacións AG-41 en Sanxenxo mellorará a fluidez do tráfico nunha conexión que chega aos 30.000 vehículos diarios

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra supervisa o comezo das obras e o funcionamento dos desvíos de circulación nunha visita xunto ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín

20/09/21 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de execución do acceso á autovía autonómica AG-53 en sentido Ourense desde Dozón, que supoñen un investimento de máis de 1 M€

Construirase un ramal de conexión entre a autovía da Xunta e a vía de titularidade estatal N-525, que permitirá o movemento de incorporación en sentido Ourense

20/09/21 | 14:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a 1ª fase de acondicionamento da PO-546 en Estribela, no Concello de Pontevedra, no que investirá 870.000 euros

Reforzarase a seguridade viaria e mellorarase a mobilidade nun treito de 500 metros da vía autonómica a partir do acceso ao Porto de Marín, polo que circulan máis de 5.500 vehículos ao día e con alto tránsito peonil

20/09/21 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisa o inicio das obras de mellora da seguridade do Camiño de Fisterra en Negreira, unha das 11 actuacións que se executarán este ano nas estradas da Xunta coincidentes con esta ruta xacobea

O delegado da Xunta salientou que as obras previstas no Camiño de Fisterra en Ames e en Negreira suporán un investimento de máis de 63.000 euros

20/09/21 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello da Pobra do Caramiñal o convenio para continuar a xestión autonómica da depuradora municipal nos vindeiros 2 anos, cun investimento de 1,7 M€

Trátase dun apoio económico e financeiro da Xunta ao concello da Pobra nas súas competencias municipais de depuración

20/09/21 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance das obras de mellora do firme en 12 km da vía de altas prestacións entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro suporán afeccións ao tráfico desde hoxe

Os traballos de estendido da capa de rodadura realizaranse en tres fases e obrigan a realizar o corte da vía, por tramos, desviándose o tráfico pola estrada LU-617

19/09/21 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza o luns a mellora da capacidade do enlace da vía de altas prestacións AG-41 en Sanxenxo, que fará necesarios desvíos de tráfico

A intervención, cun investimento de 335.000 euros, desenvolverá un ramal cun radio de xiro adecuado e ampliará a calzada entre o enlace de Sanxenxo e a estrada PO-504, co fin de mellorar a fluidez e reducir os atascos no verán

19/09/21 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas nas provincias de Lugo e de Pontevedra

Iniciaranse traballos na LU-642, no Incio e en Sarria; na LU-612, en Lugo e en Portomarín; e na variante de Vilagarcía VG- 4.7, ao seu paso por Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis

18/09/21 | 10:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia o luns as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-453, na contorna de Santiago, que suporán afeccións ao tráfico

Será necesario un corte diúrno do tráfico, recuperándose a circulación cada día unha vez finalizada a xornada de traballo