Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Educación:

17/04/20 | 14:26 | C. do Medio Rural

A Xunta insta ao Goberno central a convocar a Comisión de Seguimento do Acordo Lácteo para poñer freo á entrada de leite fóraneo a prezos por baixo dos custos de produción

Así o solicita o conselleiro do Medio Rural nunha carta ao ministro de Agricultura, onde alude a alteracións do mercado interno que están poñendo en risco a viabilidade económica dos produtores galegos

17/04/20 | 10:41 | C. do Medio Rural

A Xunta permite conxelar a carne da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega mentres dure a emerxencia sanitaria

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que modifica, de xeito temporal, o prego de condicións técnicas deste selo de calidade

15/04/20 | 12:14 | C. do Medio Rural

A Xunta agradece a incorporación de Lidl ao acordo para impulsar a compra e o consumo de produtos do agro galego durante a emerxencia sanitaria

Esta empresa súmase así á iniciativa xunto con Gadisa, Froiz, Vegalsa-Eroski, El Corte Inglés, Carrefour e Grupo Cuevas

15/04/20 | 11:54 | C. do Medio Rural

A Xunta anima ás empresas subministradoras de colectividades e ás plataformas online a sumarse á rede “Mercaproximidade” para impulsar a venda dos produtos agroalimentarios galegos

José González explicoulle que dende a Consellería se están a intensificar os contactos para que os produtos afectados polo peche da hostalaría e dos mercados locais se poidan distribuír en cada vez máis establecementos

14/04/20 | 12:14 | C. do Medio Rural

A Xunta aborda cos sectores galegos do queixo e do mel as medidas para fomentar o consumo e a venda dos seus produtos na emerxencia sanitaria

José González explicoulles as diferentes medidas impulsadas polo Goberno galego, en especial o recente acordo acadado coas cadeas de distribución para dar saída aos produtos galegos de calidade durante o estado de alarma

14/04/20 | 11:01 | C. do Medio Rural

A Xunta crea 'Mercaproximidade', unha canle alternativa de comercialización para os produtos agrogandeiros galegos que viron reducidas as súas vendas por mor da emerxencia sanitaria

O DOG publica hoxe a orde que regula a iniciativa, á que poderán adherirse os produtores de froitas, hortalizas ou mel, os gandeiros de vacún, porcino, ovino ou caprino, así como as industrias transformadoras

11/04/20 | 12:27 | C. do Medio Rural

A Xunta acorda coas grandes cadeas de distribución impulsar a compra e o fomento do consumo de produtos agroalimentarios galegos durante a emerxencia sanitaria

Tamén se publicará unha orde no DOG que porá en marcha esta canle alternativa de comercialización na que constarán os produtores beneficiarios e as empresas que colaborarán comprando os seus produtos

10/04/20 | 11:59 | C. do Medio Rural

Galicia reclama medidas fiscais inmediatas de apoio ao sector primario para facer fronte ás súas dificultades polo estado de alarma

Rosa Quintana e José González reiteran a lealdade institucional da Xunta co Goberno central, pero piden ao tempo que se teñan en conta as comunidades autónomas para adaptar aos distintos territorios as medidas aprobadas

08/04/20 | 13:24 | C. do Medio Rural

A Xunta reclama ao Goberno central que flexibilice o cumprimento das obrigas tributarias dos agricultores durante a emerxencia sanitaria

José González demandou que se suspendan as declaracións do IVE do primeiro trimestre e se poidan regularizar no segundo ou que se permita facer a declaración do primeiro trimestre con datos do 2019

07/04/20 | 18:21 | C. do Medio Rural

A Xunta busca novas vías de comercialización para as producións cárnicas de calidade que reduciron as súas vendas por mor da emerxencia sanitaria

José González trasladou que un dos mecanismos debe apuntar á concienciación do consumidor para que aposte polo sector primario galego