Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

26/02/20 | 17:42 | C. de Economía e Industria

Comeza a primeira edición do coworking do Morrazo con 16 proxectos empresariais centrados nas TIC, a moda e a consultoría

O director do Igape, Juan Cividanes, participou na presentación da aceleradora con sede en Moaña, na que os emprendedores desenvolverán plataformas web que ofrecen produtos e servizos, talleres téxtiles, iniciativas de cohousing e de economía circular, entre outras

20/02/20 | 14:03 | C. de Economía e Industria

As exportacións galegas volven marcar un novo récord ao superar os 22.000 millóns de euros en 2019

As vendas ao exterior das empresas da Comunidade sumaron o ano pasado un total de 22.196,7M€, tras experimentar unha suba do 18,4% en decembro

19/02/20 | 21:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima a empresarios e emprendedores do Salnés a apostar pola innovación e a formación como garantía de competitividade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde nun encontro no que se informou dos programas de apoio destinados ao tecido empresarial, centrados nas melloras da contratación ou na internacionalización

19/02/20 | 11:46 | C. de Economía e Industria

Ovidio Rodeiro informa que o venres 21 de febreiro remata o prazo para solicitar as axudas para impulsar as infraestruturas e servizos dos parques empresariais

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina un total de 7,9M€ aos apoios para a mellora de infraestruturas, creación de viveiros e as novas axudas para reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica

18/02/20 | 21:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o compromiso dos empresarios e emprendedores de Monforte por gañar en competitividade e ser máis innovadores

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun encontro no que se informou dos programas de apoio á disposición do tecido empresarial, en eidos como o financiamento, o impulso á contratación ou a internacionalización

18/02/20 | 14:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa de que prazo de solicitudes para o novo programa para facilitar a contratación de menores de 30 anos pecharase esta semana

As entidades locais interesadas nestes apoios aos que se destinarán 7M€ poden presentar as súas solicitudes ata o 21 de febreiro

17/02/20 | 18:43 | C. de Economía e Industria

Conde apela á importancia do diálogo social para adaptar o marco laboral á nova realidade económica

Destaca o esforzo da Xunta e os interlocutores sociais e económicos por alcanzar acordos, desde a negociación colectiva, para contar con normativas axustadas aos novos tempos

17/02/20 | 15:34 | A Presidencia da Xunta

A Xunta demanda medidas efectivas que rebaixen o prezo da electricidade e presentará alegacións ao estatuto electrointensivo do Goberno

Feijóo salienta que a decisión do Estado de incrementar o número de posibles empresas beneficiarias de 119 a 600 favorece sobre todo a Cataluña e País Vasco e prexudica a Galicia

17/02/20 | 13:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia un ciclo de xornadas informativas sobre internacionalización para impulsar o desenvolvemento exterior das pemes

O primeiro acto, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, tivo lugar esta mañá en Vigo