Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Turismo:

22/09/21 | 17:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 910.000 € as obras de urbanización da 1ª fase do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

A Plataforma Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación desta actuación para a que as empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 18 de outubro

22/09/21 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de acondicionamento dos camiños de servizo da estrada autonómica OU-312 no Concello de Lobios

A intervención, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, ten un prazo estimado de execución de 3 meses

22/09/21 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo da Rolda Leste de Ourense entre Bemposta e a N-525, que suporá pechar a circunvalación polo sur conectando coa A-52

Vázquez Mourelle sinala que a actuación permitirá reducir o percorrido desde Bemposta ata a N-525 e a A-52, desde os 4,6 km e 7 minutos actuais ata 1,7 km e pouco máis de 1 minuto

22/09/21 | 13:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Oleiros asinan a colaboración para reforzar a seguridade dos desprazamentos peonís na AC-173 en Arillo cun investimento de 210.000€

Executaranse dous treitos de itinerario peonil e ciclista na marxe dereita da AC-173 e na marxe esquerda da AC-181 para unir a urbanización Rialta, en Arillo, co actual itinerario en Lourido

22/09/21 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acomete traballos de conservación na pasarela de madeira da senda peonil e ciclista da estrada autonómica PO-308 na Lanzada, en Sanxenxo

A intervención ten como obxectivo protexer a estrutura no treito comprendido entre os quilómetros 25+200 e 27+970, moi transitado polos veciños e visitantes

21/09/21 | 15:25

Sogama xa é propietaria dos máis de 12.000 m2 nos que se instalará a nova planta de biorresiduos de Verín

A Xunta xa licitou as obras de construción por máis de 7 millóns de euros, aos que se suman os máis de 500.000 € para a adquisición dos terreos

21/09/21 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a mellora da rede de saneamento na parroquia de Gueral, no Concello da Peroxa

Os traballos, que suporán un investimento autonómico de case 18.000 euros, contan cun prazo de execución de 6 meses

21/09/21 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello da Laracha a colaboración para executar a ampliación da rede de abastecemento deste municipio cun investimento de 1,8 M €

Executaranse as infraestruturas hidráulicas prioritarias para facer fronte á demanda de auga no municipio en época estival e dar servizo no futuro ao parque empresarial

21/09/21 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-453, entre Roxos e Portomouro, na contorna de Santiago

Acondicionarase a capa de rodadura nos treitos máis deteriorados nesta vía autonómica, no treito que vai do punto quilométrico 0 ao 3+40, ao seu paso polos concellos de Santiago, de Ames e do Val do Dubra

21/09/21 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez sinala a futura Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga como unha ferramenta para mellorar o funcionamento deficiente da metade das depuradoras municipais

Vázquez Mourelle destaca que a lei, que se está a tramitar coa máxima transparencia e participación, fixará un marco normativo para ordenar, reforzar e estender o apoio da Xunta aos concellos en materia de augas