Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

10/01/20 | 13:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Familias, profesorado e alumnado cualifican de bo o clima de convivencia escolar en Galicia, e consideran que mellorou nos últimos anos

Así se desprende da II Enquisa sobre Convivencia Escolar realizada pola Consellería de Educación e cuxo avance de resultados foi presentado hoxe na reunión do Consello Galego da Convivencia.

10/01/20 | 11:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación licita a obra de mellora da eficiencia enerxética do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes de Santiago de Compostela

O departamento educativo da Xunta de Galicia destina máis de 700.000 euros a esta actuación

10/01/20 | 11:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación licita as obras de mellora da eficiencia enerxética dos CEIP Padre Feijoo (Allariz) e Curros Enríquez (Celanova)

O departamento educativo da Xunta de Galicia destina máis de 1 millón de euros a estas actuacións

09/01/20 | 15:37 | A Presidencia da Xunta

Galicia conta con case 4.000 profesionais nos centros escolares dedicados á atención á diversidade, un incremento do 22% en 6 anos

Galicia rexistrou no ano 2018 a taxa media anual máis baixa de abandono educativo temperá desde que hai rexistros, un 14,3%, 11 puntos menos que hai case 10 anos

07/01/20 | 17:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
06/01/20 | 11:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 247 centros escolares participan no programa Clubs de Lectura neste curso 2019-20

Trátase dunha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten por obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe

04/01/20 | 10:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece o traballo de 10 centros de ensino cos Premios Proxecta ás mellores iniciativas desenvolvidas ao abeiro destes programas

O obxectivo destes galardóns é consolidar e visibilizar a metodoloxía de traballo por proxectos que poñen en marcha os centros participantes nos programas enmarcados nesta iniciativa

03/01/20 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As obras do IES Castro de Baronceli (Verín) avanzan a bo ritmo e a actividade lectiva retomarase o día 8 de xaneiro

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, visitou hoxe o centro, cuxo tellado quedou levantado a raíz do temporal Elsa

03/01/20 | 11:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación convoca as axudas complementarios do programa Erasmus+ para o presente curso, dotadas de 1.517.000 euros

Deste xeito, todos os estudantes universitarios galegos que tiveran dereito ás axudas europeas no marco desta iniciativa, tamén poderán solicitar a bolsa complementaria autonómica

02/01/20 | 11:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación reparte 595.012 libros gratuítos do fondo solidario

Sete de cada 10 alumnos que participan no programa recibiron seis ou máis manuais con cargo a dito fondo