Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

01/09/21 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O espectáculo ‘Festina lente’ abre a temporada de estrenos das coproducións de danza 2020-2021 da Xunta

O Colectivo VACAburra, encabezado por Andrea Quintana e Gena Baamonde, presenta o seu novo espectáculo do venres 3 ao domingo 5 na Sala Ártika de Vigo

01/09/21 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Cebreiro acolle ata o 11 de setembro a exposición sobre Martín de Padrozelos no marco do programa da Xunta ‘O teu Xacobeo’

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu á inauguración da mostra na Palloza de Quico

01/09/21 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García refírese a Pilar Pereira como unha das imprescindibles para a normalización lingüística desde o sector audiovisual e o teatro

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade tamén participou na entrega dos premios do Concurso de Curtas Senda dos Faros

01/09/21 | 13:55

A exposición 'As primeiras xornalistas, elas escribiron a historia' pode visitarse en Lugo desde mañá ata o 29 de setembro

A mostra organizada pola Xunta de Galicia é unha homenaxe ás mulleres galegas que abriron camiño nos eidos do xornalismo e da comunicación desde Galicia e outras partes do mundo

31/08/21 | 17:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á celebración da mostra de danza Corpo(a)terra nun formato adaptado co que estrea sede en Gondomar

É un dos encontros subvencionados coas axudas a festivais profesionais de artes escénicas, que distribúe 200.000 euros entre nove citas de toda Galicia

O director de Industrias Culturais participou na presentación desta undécima edición, que se desenvolve desde hoxe e ata o sábado 4 en diferentes espazos da localidade pontevedresa, ademais de repetir a súa extensión en Allariz

31/08/21 | 15:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A música en lingua galega chega ao Festival Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 este venres co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe os concertos do ciclo Novas Músicas en Galego enmarcados neste festival que se vén celebrando desde mediados de xullo no Monte do Gozo

31/08/21 | 15:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A nova produción do Centro Dramático Galego ‘Serva me, servabo te’ estréase o domingo como espectáculo inaugural no Festival de Teatro Galego do Carballiño

Esta peza, da unidade teatral da Xunta, representarase no Auditorio Municipal Manuel María ás 22,00 horas, segundo se anunciou hoxe en rolda de prensa

31/08/21 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste este ano máis de 6,5M€ en melloras en centros escolares da comarca de Santiago

A actuación de Padrón enmárcase nun paquete de seis proxectos que se están a licitar na zona, por importe de case 2,9M€

30/08/21 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca de Galicia retoma este venres o ciclo '10 anos, 10 autores, 10 libros' coa escritora Fina Casalderrey

A primeira xornada de setembro do ciclo coa que o centro celebra o seu décimo aniversario será ás 19,00 horas e a autora afondará no libro ‘Retrincos’, de Castelao

30/08/21 | 12:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo da Xunta impulsa esta fin de semana un encontro de artistas, arquitectos, científicos e escritores en Fisterra

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Cooperativa Performa presentaron hoxe Des-enfocar Fisterra que se celebrará os días 4 e 5 de setembro