Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta sinala que poderán desprazarse ata dúas persoas ás leiras de autoconsumo dependendo do tipo de cultivo ou traballo a realizar
Co fin de coordinar as normas relativas aos desprazamentos de agricultores non profesionais, a Xunta modifica a orde publicada o 24 de marzo para facilitar estas actividades
A Xunta entrega hoxe alimentos do agro galego ao comedor San Francisco de Pontevedra a través da rede de Mercaproximidade
Este reparto de produtos agroalimentarios estase a levar a cabo noutros comedores e entidades sociais, así como en diferentes hospitais de Galicia
O prazo para que os gandeiros e agricultores galegos soliciten as axudas da PAC amplíase ata o 15 de xuño
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que modifica a emitida o 12 de febreiro, para dar resposta ás restricións impostas por mor do coronavirus
A Xunta permite desde hoxe a celebración dos mercados locais para a venda exclusiva de produtos agroalimentarios con redución de aforos e postos
Así o recolle unha resolución publicada na páxina web da Consellería do Medio Rural, que inclúe tamén as normas específicas para poder colocar de xeito seguro os postos
A Xunta fai hoxe entrega de varias pezas de carne, queixos, patacas e mel ao Complexo Hospitalario de Ourense no marco da rede Mercaproximidade
A repartición de produtos agroalimentarios estase a levar a cabo noutros hospitais galegos, así como en comedores e entidades sociais
A Xunta instala no Colexio Rural Agrupado de Coristanco un invernadoiro para formar os escolares en horta ecolóxica
A construción, de 24 metros cadrados e cun atractivo deseño en forma de capela de policarbonato ríxido de gran duración, servirá para que o alumnado faga prácticas relacionadas coa produción hortícola en ecolóxico
A Xunta instala no Colexio Rural Agrupado de Ribadavia un invernadoiro para formar os escolares en horta ecolóxica
A construción, de 24 metros cadrados e cun atractivo deseño en forma de capela de policarbonato ríxido de gran duración, servirá para que o alumnado faga prácticas relacionadas coa produción hortícola en ecolóxico
Galicia permitirá que os concellos celebren mercados locais a partir do 4 de maio baixo as estritas condicións de seguridade aprobadas pola Xunta a finais de marzo
A Xunta considera que a entrada, o vindeiro luns, na “fase 0” da desescalada posibilita a reapertura deste servizo baixo unhas regras que en Galicia están xa establecidas desde o día 24 do mes pasado
A Xunta fai hoxe entrega de mel, queixos e patacas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
Esta cesión súmase ás numerosas doazóns que está a realizar o Goberno galego a diversos hospitais da comunidade, entidades e comedores sociais e ao Banco de Alimentos de Lugo
A Xunta fará entrega hoxe de 2.000 tarros de mel ao Banco de Alimentos de Lugo que se suman ás doazóns desta semana aos hospitais da provincia
No marco da rede Mercaproximidade, tamén se cederon estes días queixos, patacas ou carne á sede de Cáritas en Lugo para atender as familias máis vulnerables durante a emerxencia sanitaria