Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

16/03/20 | 12:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon á disposición dos axentes sociais unha guía con recomendacións para previr o coronavirus en todos os centros de traballo

A guía estará á disposición das confederacións de empresarios, sindicatos, cámaras de comercio, asociacións de autónomos, federacións de comerciantes e clústers galegos

11/03/20 | 13:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta chama en Arzúa a fomentar no rural galego o emprendemento feminino desde a innovación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá na xornada ‘Mulleres Innovadoras no Rural’, na que informou das axudas e programa do seu departamento para o desenvolvemento de iniciativas empresariais

10/03/20 | 14:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama a reactivación inmediata da central térmica das Pontes e pide ao Goberno que se sume á unidade de acción de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta mañá á reunión da mesa de traballo para impulsar unha transición enerxética xusta

09/03/20 | 18:49 | C. de Economía e Industria

A Laracha incrementa nun 150% as axudas recibidas por parte da Xunta desde que é Concello Emprendedor

Conde salienta o lugar preferente que ocupan os concellos que comparten coa Administración galega a importancia de captar novos investimentos, o que lles permite acceder a liñas de axuda para impulsar a economía e o comercio local

09/03/20 | 15:34 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese á conciliación da política e da economía como elemento clave para que Galicia siga sendo unha comunidade estable e solvente

“A política e a economía han de entenderse, non poden vivir de costas”, di, incidindo en que Galicia cree na política e na economía, e “en xestionar con paixón pero, tamén, en xestionar a realidade”

09/03/20 | 11:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa o Cheque Brexit para reforzar a posición das empresas galegas que exportan ao Reino Unido

O director do Igape, Juan Cividanes, informou sobre o novo programa que, cunha dotación inicial dun millón de euros, achega diagnóstico e asesoramento para adaptarse ás novas relacións comerciais co país británico

08/03/20 | 12:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta axuda a 32 proxectos para que participen no programa europeo H2020 e contribúan á internacionalizar a I+D+i galega

Destina 1M€ a preparar propostas de calidade a este programa e financiar proxectos que xa se presentaran a convocatorias anteriores e que obtiveran o selo de excelencia

08/03/20 | 12:19 | C. de Economía e Industria
07/03/20 | 22:00 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o peso dos autónomos e das pemes na economía galega e anímaos a seguir apostando pola innovación permanente para chegar desde o local ao mercado global

Na véspera do Día Internacional da Muller, salienta que máis da metade da actividade emprendedora na comunidade –o 57,66%- está encabezada por mulleres