Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

04/09/21 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa 17 ciclos e espectáculos musicais cun cento de actuacións a través da nova liña de axudas a concertos do Xacobeo 21-22

O secretario xeral de Cultura e os directores de Industrias Culturais e Turismo de Galicia reuníronse cos representantes das promotoras destes eventos, adxudicatarias de preto de 850.000 euros en subvencións para contribuír á recuperación da actividade empresarial e artística

04/09/21 | 12:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en valor no Gaiás o papel da muller na cultura urbana galega

As xornadas ‘Mulleres e Cultura Urbana’ celébranse esta fin de semana na Cidade da Cultura con participación de balde previa reserva

03/09/21 | 19:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

O Consello da Cultura Galega e Emigración levan ao edificio Cenima de Foz a exposición "Inventio Mundi" que documenta a historia da navegación marítima galega

A mostra poderase ver ata o próximo 15 de outubro e permitirá achegarse a figuras relacionadas coa descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos

03/09/21 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Colección ‘Textos e Estudos’ reforza a presenza cultural de Galicia no estranxeiro desde a rede de lectorados da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Algarve presentaron hoxe a colección de catro libros dirixida polos profesores Pere Ferré e María Jesús Botana.

03/09/21 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a programación en Galicia do III Camiño Escena Norte de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e País Vasco

O director de Industrias Culturais participou na presentación desta nova edición, que ofrecerá nove funcións de teatro e danza en oito localidades galegas do Camiño do Norte entre o 12 de setembro e o 10 de outubro

02/09/21 | 20:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘O soño musical dos corpos celestes’ funde arte e ciencia arredor do Camiño co apoio da Xunta

A Consellería de Cultura, a USC e o Concello de Santiago promoven esta iniciativa impulsada desde o ArtLab do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

02/09/21 | 17:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O secretario xeral de Cultura destaca o gran potencial do sector dos videoxogos en Galicia

Anxo M. Lorenzo participa na inauguración das Xornadas de Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal, organizado pola Fundación Carlos Casares

02/09/21 | 17:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca de Galicia inaugura unha exposición que profunda na historia iconográfica xacobea

‘Imago Sancti Iacobi: A iconografía xacobea na Biblioteca de Galicia’ poderá ser visitada de setembro a novembro en horario de 9,00 a 21,00 horas

02/09/21 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo do Viño de Galicia acolle unha retrospectiva sobre a historia gráfica das denominacións de orixe vitivinícolas

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a mostra ‘Etiquetas dos viños de Galicia’ que se poderá visitar ata agosto de 2022

02/09/21 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a nova programación do Teatro Principal de Ourense no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios

A través deste circuíto organizado en colaboración coas administracións locais chegarán ao escenario ourensán sete novos espectáculos