Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

27/05/20 | 10:33 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe as axudas deste ano para mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

As achegas -que contan cun orzamento superior aos 600.000 euros- poden solicitarse no prazo dun mes a contar dende mañá

26/05/20 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Semana Verde reanudou a súa central agropecuaria con medidas de seguridade e novos sistemas telemáticos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a Central Agropecuaria de Galicia, na primeira xornada de actividade tras a suspensión dos mercados de gando debido ao estado de alarma polo coronavirus
A central implantou un sistema de preinscrición obrigatoria a través da súa páxina web, por correo electrónico e por whatsapp

25/05/20 | 09:54 | C. do Medio Rural

A canle Mercaproximidade da Xunta deu saída ao excedente de pataca da Limia que quedara almacenada pola emerxencia sanitaria

José González destacou que esta fórmula de venda alternativa mobilizou máis de tres millóns de quilos de pataca, a través das cadeas de distribución e de compras solidarias como as do Goberno galego, que doou case 133 toneladas

22/05/20 | 11:27 | C. do Medio Rural

A Xunta avalía coas centrais agrarias o plan que inxectará liquidez aos agricultores, gandeiros e silvicultores afectados pola emerxencia sanitaria

O Goberno galego anticipará entre maio e xuño o pago de case 300 millóns de euros correspondentes a diferentes convocatorias de achegas de Medio Rural

22/05/20 | 10:19 | C. do Medio Rural

A Xunta publica as normas e protocolos que deberán cumprir os mercados de gando que poden volver celebrarse dende mañá

O DOG establece as instrucións pertinentes da Consellería do Medio Rural, despois de que o Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria acordase levantar a suspensión deste tipo de feiras

21/05/20 | 14:48 | A Presidencia da Xunta

A Xunta anticipará entre maio e xuño o pago de diversas axudas que xestiona para o agro galego

A medida adóptase para inxectar liquidez aos agricultores, gandeiros e silvicultores por mor da emerxencia sanitaria en liña coas recomendacións do comité de expertos económicos da Xunta

20/05/20 | 11:12 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o prazo para solicitar as axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais

O prazo de presentación de solicitudes, así como o procedemento de concesión das subvencións, quedara en suspenso tras a declaración do estado de alarma

20/05/20 | 10:00 | C. do Medio Rural

A Xunta publica o decreto que simplificará e axilizará os arredor de 100.000 aproveitamentos forestais que se fan en Galicia cada ano

A norma que regulará os aproveitamentos forestais madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes de xestión privada supón un importante desenvolvemento da Lei de montes de Galicia

18/05/20 | 18:17 | C. do Medio Rural

As variedades galegas de pemento Couto Grande e Piñeira poderán comercializarse, tras anos de trámites para o seu rexistro

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a súa inscrición definitiva no Rexistro de Variedades Comerciais como variedades de conservación

16/05/20 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende que se eliminen as franxas horarias e as limitacións ao municipio na práctica deportiva

O Goberno galego entende que, xa na fase I, deben levantarse estas limitacións que non están vixentes para outras actividades sociais