Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

15/01/20 | 13:36

A Cidade da Cultura amplía a súa oferta gastronómica a partir de hoxe cun novo espazo de restauración no Museo Gaiás

O complexo amplía desde hoxe a súa oferta gastronómica cun novo restaurante-cafetería que se suma aos espazos da Cantina do Gaiás e da cafetería O Roupeiro

13/01/20 | 15:47

Nava Castro salienta os 1,5 millóns de euros que a Xunta dedica este ano a modernizar establecementos de restauración e aloxamento

A directora de Turismo de Galicia visitou hoxe o Hotel Attica 21 Coruña, un dos beneficiarios da liña de axudas da convocatoria de 2019

11/01/20 | 13:24

Nava Castro destaca o incremento da oferta de formación práctica nas oficinas de Turismo da Xunta durante 2020

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron as instalacións da oficina de Pontevedra, onde este ano se duplicará a oferta das prácticas tuteladas

10/01/20 | 14:50

Cores Tourís comproba a recuperación da contorna das augas da Freixa en Cerdedo-Cotobade

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os case 29.200 euros destinados dende a Consellería de Cultura para este fin a través dunha subvención para mellora de infraestruturas turísticas

08/01/20 | 16:37

O Tribunal Supremo dá a razón á Xunta de Galicia e anula a sentencia sobre as vivendas de uso turístico

Atende o incidente de nulidade presentado no mes de novembro polo Goberno galego ao entender que se vulnerou o seu dereito á tutela xudicial efectiva

08/01/20 | 14:56 | C. do Medio Rural

A Xunta destinou máis de 175.000 euros á construción dun complexo de turismo enolóxico en Boqueixón

O obxectivo deste proxecto foi ofertar un servizo diferenciado a través dunha arquitectura singular, poñendo en valor unha zona rural e fomentando actividades de carácter lúdico-creativas en contacto coa natureza

08/01/20 | 12:51

A Xunta abre a convocatoria de adhesión á nova temporada de FEST Galicia que incrementa nun 31% a dotación para o patrocinio dos festivais

Cultura e Turismo aumenta ata os 460.000 euros a cantidade destinada aos contratos cos eventos asociados á marca, que impulsa o turismo musical de calidade e sustentable, ademais de se enmarcar na programación do Xacobeo 2021

03/01/20 | 13:35

A Xunta intensificará os controis sobre as vivendas de uso turístico tras a entrada en vigor de melloras na súa regulación

O conselleiro de Cultura e Turismo, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, detallou en rolda de prensa os cambios normativos que afectan a estes establecementos desde o pasado 1 de xaneiro

02/01/20 | 21:31

Empresas asociadas ao Clúster Galego do Téxtil doan 195 prendas de roupa ás entidades sociais presentes no Nadal Solidario

O equipo da Fundación Celta Integra, gañador da Copa de España no 2019, visitou o Tinglado e puido fotografarse e compartir momentos cos visitantes