Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

05/10/21 | 16:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica o inicio dos trámites para a rehabilitación do edificio da Xunta na praza de Mazarelos, en Santiago, que suporá un investimento autonómico de 1,8 M€

Trátase de desenvolver as actuacións necesarias para executar as obras de restauración, mellora da envolvente térmica e distribución interior do edificio que alberga a oficina de Turismo da Xunta e a Secretaría Xeral de Emigración

05/10/21 | 15:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá medio millón de euros na creación dun campamento turístico nun novo complexo recreativo en Abegondo

Constará dun campamento turístico, cabanas de madeira, piscina e xogos multiaventura, entre outros atractivos

05/10/21 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Culleredo asinan o convenio de colaboración para facilitar a execución do itinerario entre a Rúa Mero e o Paseo da Ría do Burgo

Augas de Galicia poñerá á disposición do Concello de Culleredo os terreos necesarios para o desenvolvemento destas obras

04/10/21 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta completará o investimento de 20 M€ na fachada marítima da Coruña cun equipamento público ao servizo da cidade en terreos portuarios

Vázquez Mourelle concreta que a ‘Comisión Porto-Cidade’ decidirá sobre o uso e sobre o ámbito deste equipamento que impulsará a Xunta

04/10/21 | 15:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de mellora da seguridade viaria na PO-542, en Pazos, no Concello de Pontevedra

A intervención, que supón un investimento autonómico de preto de 830.000€, mellorará a actual intersección en cruz e permitirá diminuír a velocidade nese tramo da vía ao seu paso pola parroquia de Marcón

04/10/21 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras para dotar o Hospital Naval de Ferrol de 266 novas prazas de aparcadoiro, cun investimento da Xunta de 662.000€

Vázquez Mourelle avanza que se duplicará o número de prazas de aparcadoiro existentes, ao construír un novo estacionamento contiguo ao actual na zona norte, outro na zona sur e novas prazas na marxe esquerda do viario perimetral

03/10/21 | 11:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias

Iniciaranse estes labores na autoestrada AG-6.4, en Narón; na estrada LU-934, en Friol; na OU-531, en Celanova; e na VG-4.7, en Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis

03/10/21 | 11:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa obras de mellora da seguridade na estrada AC-934, no treito coincidente co Camiño Norte, ao paso polo concello de Sobrado

A actuación consiste na execución de dous tramos de senda de 1,5 metros de ancho pola marxe dereita da vía, entre os puntos quilométricos 19+120 e 20+630

03/10/21 | 11:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos no concello de Carnota

Estes traballos desenvólvense nos ríos Rateira, Pedrafigueira e Nóutigos, ao seu paso por distintos lugares das parroquias de San Mamede e de Santa Comba

02/10/21 | 11:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 335.000 euros na ampliación do aparcadoiro do Hospital Teresa Herrera da Coruña

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitará a próxima semana as obras desta nova actuación no centro hospitalario, que permitirá incrementar o espazo de de aparcadoiro, poñendo á disposición dos usuarios 31 prazas ordenadas