Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

07/02/20 | 19:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O alumnado galego dispón de programas específicos para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas, como a Robótica, o STEMbach ou os Clubs de Ciencia

Carmen Pomar destacou o desenvolvemento destes programas ao abeiro da Estratexia Galega de Educación Dixital, EDUDixital 2020, en conexión coa universidade e incluíndo a perspectiva de xénero

07/02/20 | 14:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Noia a importancia de divulgar os valores do cooperativismo entre os escolares galegos

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta mañá na actividade ‘Almorzos Cooperativos’, impulsada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) no marco da Rede Eusumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria

07/02/20 | 12:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta, a Fundación María José Jove e INGADA levan formados preto de 1.300 docentes na abordaxe educativa do TDAH

O acordo de cooperación, en marcha desde o curso 2014/2015, renovouse hoxe nun acto no que se galardoaron os proxectos gañador e finalistas da VI Bolsa Ingada-María José Jove

07/02/20 | 10:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación convoca a proba para a obtención dos títulos de Bacharelato e ESO para adultos

O obxectivo é que as persoas que non obtiveron estas cualificacións a través das ensinanzas reguladas poidan contar con este título a través da participación nunha proba libre
 

05/02/20 | 18:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carmen Pomar pedirá á ministra Celaá estabilidade normativa e o financiamento que o sistema educativo galego merece

Galicia continúa apostando polo Pacto Educativo e por un modelo de acceso á profesión docente semellante ao MIR

05/02/20 | 13:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación implantará o Bacharelato no IES Valadares o próximo curso

Deste xeito dáse resposta a unha demanda histórica do instituto vigués

04/02/20 | 13:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Representantes da Consellería de Educación da Comunidade Valenciana coñecen o desenvolvemento de SEMGAL no CEE Panxón

Galicia é a primeira Comunidade Autónoma de Europa que implanta este modelo no ensino público

04/02/20 | 12:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación formará a quince docentes no curso de Postgrao de Especialización na Educación Emocional da USC

O obxectivo é que o profesorado participante adquira a preparación necesaria para converterse en especialistas nesta materia

04/02/20 | 10:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ás Anpas na posta en marcha de programas de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas, que se inscriben no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

03/02/20 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carmen Pomar e Antonio López presentan en Bruxelas o II Cumio Académico e do Coñecemento UE-CELAC

A finalidade é informar dos detalles do programa e avanzar nos obxectivos do encontro