Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

09/09/21 | 15:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sae a luz unha muralla de seis metros de ancho a catro de alto no xacemento de Penas do Castelo

Os restos apareceron no marco dos traballos impulsados pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello da Pobra do Brollón, a Comunidade de Montes e a Asociación Veciñal de Salcedo

09/09/21 | 14:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O WOS Festival inicia mañá a súa 'Lite Edition' co patrocinio da Xunta baixo a marca FEST Galicia

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do encontro

09/09/21 | 13:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Filmoteca de Galicia retoma a súa programación de sala cun ciclo de François Truffaut

Exhibiranse 12 filmes do director francés recoñecido como un dos impulsores da Nouvelle vague

09/09/21 | 12:51 | C. de Política Social e Igualdade
08/09/21 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Carballo Interplay abre a súa oitava edición co apoio da Xunta a través das subvencións a festivais do sector audiovisual

O director de Industrias Culturais participou esta tarde na inauguración do encontro, que se celebra ata o 11 de setembro coa exhibición de traballos chegados dunha decena de países na súa sección oficial

08/09/21 | 18:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Editorial Galaxia impulsan unha nova edición de 'Maxina ou a filla espuria', a primeira novela galega moderna

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación desta reedición que ve a luz coincidindo co segundo centenario do nacemento do seu autor, Marcial Valladares Núñez

08/09/21 | 16:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Salón Teatro de Santiago estrea a nova produción do Centro Dramático Galego, 'Serva me, servabo te'

A unidade teatral da Xunta de Galicia leva a creación de Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez ao espazo compostelán do venres 10 ao 26 de setembro, con 11 funcións de xoves a domingo

08/09/21 | 13:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego, Incendiaria e a Quinta do Cuadrante estrean en Ourense ‘A lúa vai encuberta’

Enmárcase na aposta da unidade teatral da Xunta pola colaboración con diferentes institucións para achegarlle á cidadanía os clásicos da literatura galega adaptados á escena da man da dramaturxia contemporánea.

08/09/21 | 13:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Sala Ártika de Vigo programa 75 actuacións de 33 compañías ata finais de ano con axuda da Xunta

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participaron na presentación deste programa

08/09/21 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acredita o Campus Terra, en Lugo, como campus especializado nas áreas estratéxicas de agricultura, gandería e sector forestal sustentables

O Goberno autonómico reforzará o apoio económico a este proxecto, no que leva investido arredor de 8,7M€