Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

29/12/20 | 15:17 | A Presidencia da Xunta

O Goberno galego aproba a prórroga da Tarxeta Básica ata o 30 de xuño de 2021 para seguir axudando ás persoas que máis o necesitan

Feijóo destaca, por outra banda, o incremento nun 50% dos fondos que se destinan nestes momentos á Rede Galega de Atención Temperá

28/12/20 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia o comedor social de Cangas con 185.000 euros para seguir axudando ás persoas que máis o necesitan

Destes fondos procedentes da convocatoria de axudas a entidades sociais, 85.000€ foron destinados á adquisición do local onde se sitúa o comedor social

28/12/20 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén agradece á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer o seu labor de acompañamento e asesoramento durante a pandemia

O delegado territorial da Xunta en Ourense louvou o traballo desta organización sen ánimo de lucro formada por pacientes, familiares, voluntarios, colaboradores e profesionais, que ten como finalidade mellorar a vida das persoas tralo impacto causado por esta enfermidade

25/12/20 | 12:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora coa Unión de Consumidores de Galicia no sorteo de regalos para menores en centros de acollida

Está dirixido a nenas e nenos menores de 12 anos de toda Galicia e, en especial, a aqueles que se atopan nun centro de menores

23/12/20 | 18:01 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o reforzo de equipamento e persoal nos centros de menores durante a emerxencia sanitaria da covid-19

Salienta que no centro lucense incorporáronse ao cadro de persoal un psicólogo, un traballador social, novos educadores e persoal de seguridade

23/12/20 | 17:46 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que a futura residencia de maiores de Ourense é un compromiso cos veciños que impulsará o barrio do Pino

Enmarcou esta infraestrutura na aposta da Xunta pola cidade das Burgas, na que se investirán o vindeiro ano 17 millóns de euros en obras de servizos sociais

23/12/20 | 16:15 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Galicia aproba a prórroga do orzamento para garantir o normal funcionamento dos servizos públicos e o pago a provedores, ata que entren en vigor as contas para 2021

Feijóo resalta tamén a aprobación, un ano máis, do complemento extraordinario de 206 euros para os perceptores de pensións non contributivas da Seguridade Social e doutras prestacións semellantes

23/12/20 | 13:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta repartirá 1.200 menús con produtos de Mercaproximidade na delegación do banco de alimentos de Pontevedra e no comedor social de San Francisco para esta Noiteboa

Luisa Piñeiro realiza senllas visitas a ambas entidades e agradece o seu “enorme traballo solidario e altruísta” a prol da xente máis necesitada da cidade e da súa contorna

22/12/20 | 17:09 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social participa nunhas xornadas de Agasede centradas no impacto da covid-19 nos centros residenciais

Fíxose fincapé no esforzo da Xunta e de todo o sector residencial para facer fronte á actual situación de emerxencia sanitaria