Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

10/07/20 | 11:39 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia as denominacións de orixe vitivinícolas galegas cun préstamo de ata 60 M€ para que as adegas poidan mercar toda a uva desta vendima en condicións normais de mercado

O Goberno galego mobilizará estes empréstitos para bodegas, no marco dunha nova liña de financiamento dirixida aos autónomos, microempresas e pemes máis afectados pola emerxencia sanitaria

10/07/20 | 11:13 | C. do Medio Rural

Os 120 prescritores nacionais seleccionados pola Xunta comezan a avaliar o queixo curado de San Simón da Costa

Trátase de restauradores, críticos, responsables de compras das cadeas de distribución, xornalistas e outros profesionais que valorarán o potencial deste produto de calidade, con vistas a fomentar a súa promoción e comercialización

10/07/20 | 10:09 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas a viveiros e agricultores afectados por organismos de corentena

O DOG publica hoxe a orde que beneficiará os produtores afectados polo fusarium circinatum do piñeiro, a thekopsora minima dos arandos, o psílido africano dos cítricos e a couza da pataca

09/07/20 | 15:45 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta impulsa tres novos programas de financiamento para achegar liquidez a autónomos, microempresas e pemes e mobilizar arredor de 120 M€

A primeira liña facilitará microcréditos de entre 3.000 e 20.000 euros a cada negocio con xuros bonificados ao 100% pola Xunta

09/07/20 | 12:29 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega ao Concello de Cualedro os títulos da concentración parcelaria de San Millao

Esta reorganización do territorio afectou 625 hectáreas propiedade de 322 veciños e veciñas

02/07/20 | 11:31 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para subministrar froita fresca, castañas e leite aos centros escolares galegos durante o curso 2020-2021

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria de axudas, dotada dun orzamento superior aos 1,5 millóns de euros

01/07/20 | 14:51 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega ao concello de Castro de Rei os títulos da concentración parcelaria de Ramil

Esta reorganización do territorio afectou unhas 800 hectáreas propiedade de 250 veciños e veciñas

30/06/20 | 12:37 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega ao Concello de Trasmiras os títulos da concentración parcelaria de Vilar de Lebres

Esta reorganización do territorio afectou 552 hectáreas propiedade de 581 veciños e veciñas

27/06/20 | 11:24 | C. do Medio Rural

A Xunta participa xunto con máis de 30 países nun seminario da FAO sobre boas prácticas nas reestruturacións parcelarias

Miguel Pérez Dubois trasladou a experiencia galega, destacando o potencial deste instrumento de xestión da terra para o desenvolvemento rural