Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

23/01/20 | 17:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ovidio Rodeiro aposta en Fitur por seguir potenciando o templo de Santo André de Teixido como un dos maiores santuarios de peregrinación de Galicia

O delegado territorial da Xunta na Coruña participou na presentación de “Proxecto do Xeoparque Cabo Ortegal e o camiño a Santo André de Teixido como produtos sostibles; Festival do Mundo Celta Ortigueira”, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

23/01/20 | 16:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Díaz Mouteira presenta en Fitur as comarcas do Carballiño e do Ribeiro como un destino que unifica termalismo e enogastronomía

A delegada territorial da Xunta en Ourense participou na presentación da campaña ‘Corazón termal’ organizada coa finalidade de promover as potencialidades turísticas deste xeodestino

23/01/20 | 16:23

A Xunta celebra o recoñecemento da Feira do Cocido de Lalín como Festa de Interese Turístico Internacional

A secretaria de Estado de Turismo avanzoulle ao conselleiro de Cultura e Turismo e ao alcalde de Lalín esta distinción ao cumprir con todos os requisitos

23/01/20 | 14:52 | A Presidencia da Xunta
23/01/20 | 14:49

Galicia asume a coordinación da España Verde co obxectivo de potenciar o Camiño como eixo vertebrador do norte peninsular

A nosa Comunidade lidera desde hoxe a organización das actividades desta marca turística que integra a Asturias, Cantabria, Galicia e País Vasco

23/01/20 | 13:04

A Xunta destaca en Fitur a importancia de Termatalia para promocionar a riqueza termal da nosa comunidade

A delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presentou hoxe esta feira que este ano se celebrará na provincia arxentina Entre Ríos os días 17 e 18 de setembro

23/01/20 | 12:09

Alsa e a Xunta colaborarán na promoción do Xacobeo 2021

O operador de mobilidade difundirá a imaxe do Ano Santo nos seus autocares e ofrecerá aos peregrinos un desconto do 15% nos billetes de volta

22/01/20 | 19:41

Román Rodríguez anuncia en Fitur que o Plan de Mellora e Sinalización do Camiño de Inverno será presentado en febreiro

O conselleiro de Cultura e Turismo participou na presentación da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, ruta que xa supera os 1000 peregrinos

22/01/20 | 18:15

Iberia e a Xunta acordan difundir a imaxe do Xacobeo 2021 vinilando un avión de longo percorrido

Trátase dunha colaboración para poñer en marcha unha decena de accións que darán a coñecer o Ano Santo por todo o mundo