Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

28/07/20 | 12:56 | C. do Medio Rural

A Xunta aproba o regulamento e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego

Coa publicación de hoxe no Diario Oficial de Galicia, bota a andar esta IXP impulsada pola Federación Gallega de Asociaciones de Fabricantes de Pan (Fegapan), que foi apoiada dende os inicios pola Xunta

27/07/20 | 12:42 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo o incremento das vendas e da superficie inscrita como agricultura ecolóxica en Galicia para apostar por un novo xeito de producir máis saudable e sostible

José González lembrou que o Plan de reactivación e dinamización da Consellería do Medio Rural contempla accións para seguir apoiando este tipo de producións

25/07/20 | 11:48 | C. do Medio Rural

A Xunta contribúe á elaboración da Guía Xurídica da FAO sobre concentracións parcelarias aportando a súa experiencia de máis de 500.000 ha concentradas ou en trámites de remate

O primeiro borrador da guía presentouse hai dous anos nun encontro no que participaron representantes de máis de 140 países

24/07/20 | 13:22 | C. do Medio Rural

A Xunta potenciará a marca Galicia Calidade para mellorar o posicionamento e a venda dos produtos do sector primario

José González sinalou que se vai reforzar a presenza da industria alimentaria nesta marca, co fin de que a súa produción gañe en competitividade e notoriedade como instrumento de acceso a novos mercados

23/07/20 | 13:22 | C. do Medio Rural

A Xunta reclama ao Goberno central que dea a batalla para evitar recortes nos fondos da PAC para o período 2021-2027

José González di non entender como o Consello Europeo que aprobou un orzamento extraordinario para paliar a pandemia da covid-19 puido dar o visto bo, ao tempo, a unha diminución da partida dirixida aos gandeiros, agricultores e silvicultores

20/07/20 | 10:49 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma a súa aposta pola innovación e a I+D na súa oferta de formación para o rural galego

Manuel Rodríguez aproveitou para poñer de relevo o Plan de formación para o agro 2020-2024, que contempla, entre outros obxectivos, o impulso á teleformación agroforestal continua e a adaptación das ensinanzas aos sectores produtivos

19/07/20 | 11:10 | C. do Medio Rural

Os agricultores e gandeiros galegos poden solicitar ata o vindeiro 30 de xullo os préstamos a interese cero que habilitou a xunta para adiantar o pago de 210 M€ da PAC

O Goberno galego lembra que aínda se poden solicitar estes empréstitos ao abeiro do convenio subscrito con varias entidades bancarias, contando ademais coa subvención íntegra da comisión de apertura

16/07/20 | 11:59 | C. do Medio Rural

Ata o 20 de setembro permanece aberto o prazo de solicitude das axudas para subministrar froita fresca, castañas e leite aos centros escolares galegos durante o curso 2020-2021

Esta convocatoria está dotada cun orzamento superior aos 1,5 millóns de euros e beneficiará, un ano máis, os alumnos de infantil, primaria e secundaria dos centros escolares da comunidade

13/07/20 | 14:00 | C. do Medio Rural