Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 195 novas da área temática Xustiza:

07/09/21 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilita unha sala Gesell nos Xulgados de Santiago para garantir a declaración de vítimas testemuñas vulnerables en condicións de protección e privacidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe este espazo acondicionado que conta cunha zona de exploración e outra de observación conectadas mediante un sistema de videoconferencia

21/08/21 | 11:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
04/08/21 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilita unha nova sala dixital nos xulgados de Betanzos que conta cun sistema de videoconferencia integrado

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, destacou hoxe nunha visita ao inmoble que co novo sistema de videoconferencia nesta sala de vistas dixitalizada, o edificio xudicial dispón de 3 equipos deste tipo, o que supón un uso máis eficiente

27/07/21 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Instituto de Medicina Legal de Galicia realizou no 2020 máis de 25.880 informes periciais médicos, psicolóxicos e sociais

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, presentou a memoria xunto coa directora en funcións do Imelga, Ana Belén Pérez

26/07/21 | 19:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta prevé que o xuízo do Alvia teña lugar na Cidade da Cultura no primeiro trimestre do vindeiro ano

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, avanzou hoxe que se estima unha elevada afluencia de avogados e procuradores, o que fai necesario que se leve a cabo nun recinto amplo

14/07/21 | 17:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o éxito das xornadas de portas abertas na Cidade da Xustiza de Vigo tras cubrirse as visitas en menos dunha semana

A delegada territorial da Xunta en Vigo salientou o aluvión de chamadas e o interese da cidadanía viguesa nesta infraestrutura, con 540 persoas inscritas ata setembro

02/07/21 | 14:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén o compromiso coa mediación como solución alternativa para a resolución de conflitos

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou hoxe na presentación dunha nova edición da “Guía de Peritos Xudiciais e Mediadores de Galicia” elaborada pola Unión Profesional de Galicia

30/06/21 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comezará en xullo a primeira fase do traslado da Cidade da Xustiza co equipamento do mobiliario

A nova infraestrutura acollerá 38 unidades xudiciais e trátase da obra xudicial máis importante da historia da comunidade na que a Xunta investiu máis de 42M€

25/06/21 | 17:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza co Goberno central na modernización e a mellora do servizo na Administración de xustiza

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou hoxe por videoconferencia na conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades