Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Os alumnos de 150 centros de ensino galegos inician a recollida de pilas da terceira edición do concurso ‘Pilabot’ da Xunta
O alumnado terá seis semanas, ata marzo, para recadar estes residuos, un dos máis contaminantes que se xeran nos fogares
A Xunta e a Cemma renovan a súa colaboración para garantir a asistencia aos réptiles e mamíferos mariños que varen este ano nas costas galegas
O ano pasado un total de 240 exemplares de tartarugas e distintos tipos de animais mariños foron atendidos pola Rede de varamentos tras recalar no litoral galego
A Xunta e o Concello de Valdoviño abordan a oportunidade das axudas de patrimonio natural no marco da candidatura do Xeoparque do Cabo Ortegal
Ángeles Vázquez recorda que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural habilitou unha orde de incentivos para apoiar actuacións e proxectos que melloren e conserven as condicións dos espazos naturais incluídos en Rede Natura 2000
O Instituto Galego de Formación en Acuicultura acolle ao lobo mariño cincento ‘Leis’ para a súa recuperación
A súa estadía nas instalacións do centro dependente da Consellería do Mar durará unhas semanas antes de ser embarcado para a súa liberación
A Xunta incrementa nun 90% o orzamento das axudas á prevención de danos da fauna silvestre ata chegar a máis de 900.000 €
Belén do Campo lembra que unha das novidades deste ano é que se cubrirán os gastos de manutención dos cans protectores para evitar os ataques do lobo ao gando
O Concello de Dozón pon en servizo un punto limpo móbil grazas a unha axuda da Xunta de case 70.000 €
Foi un dos 31 municipios de menos de 3.000 habitantes que se beneficiou en 2021 desta liña de subvencións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Os concellos e as asociacións protectoras dispoñen de 450.000 € para coidar e atender os animais domésticos abandonados
A Consellería de Medio Ambiente publicou a sexta convocatoria destas subvencións, que contarán este ano coa maior dotación económica desde a súa posta en marcha
A Xunta formaliza a cesión da antiga caseta de Legoeiros, en Ribadeo, para uso da Sociedade de Caza de Remourelle
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cede durante 30 anos o uso do inmoble, localizado na parroquia de Arante, á entidade de caza lucense, integrada por 140 membros que exercen a súa actividade nos concellos de Ribadeo e Barreiros
A Xunta somete a información pública a inclusión no Catálogo de Árbores Senlleiras dun eucalipto azul en Poio e unha laranxeira de Luisiana e unha sobreira en Boiro
Ademais de estudar as solicitudes presentadas, os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural farán as visitas e comprobacións necesarias para determinar que as súas características xustifican a suma destes exemplares á listaxe
A Xunta convida aos ferroláns a coñecer as sete reservas de biosfera a través dunha mostra itinerante
A directora xeral de Patrimonio Natural, o delegado territorial da Xunta na Coruña, e o presidente da Autoridade Portuaria ferrolá inauguran a exposición organizada con motivo do 50 aniversario do programa MaB da Unesco, que estará en Ferrol ata o 26 de decembro