Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

10/08/22 | 14:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta urxe ao Goberno central a rectificar e incluír á cadea mar-industria no Perte Agroalimentario

O Goberno autonómico trasladou por carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación esta demanda e a preocupación da industria galega de transformación de produtos do mar
 

09/08/22 | 14:26

Os ingresos das lonxas galegas pola venda de polbo na última campaña constatan a recuperación da especie na Comunidade

Os centros de poxa galegos comercializaron 1.700 toneladas durante a campaña 2021-2022, máis do dobre que no exercicio anterior, e o prezo medio foi o máis alto das últimas tres pesqueiras con máis de 9 euros o quilo en primeira venda

05/08/22 | 15:13

A Xunta promove en ‘Equiocio‘ o consumo de produtos do mar coa campaña ‘Galicia sabe amar’

Rosa Quintana, destacou hoxe o potencial e a oportunidade de citas como este evento ecuestre para difundir a calidade dos peixes e mariscos de Galicia
 

03/08/22 | 10:06

O sector bateeiro benefíciase este ano de máis do 80% das axudas concedidas pola Xunta de Galicia para impulsar unha acuicultura sustentable

O Goberno galego aprobou 118 axudas para proxectos produtivos por un valor de preto de 6 millóns de euros

01/08/22 | 18:45

A Xunta pon en valor o labor de reciclaxe e reutilización do lixo mariño que realiza a confraría de pescadores de Noia

A mostra Arte da mar é o resultado das limpezas de lixo mariño nas que os mariscadores a pé da confraría noiesa retiraron 65 toneladas de residuos da ría de Muros e Noia

29/07/22 | 13:56

Galicia abordará en dous grupos de traballo a proposta de Bruxelas para protexer zonas marítimas e o proxecto de lei estatal de pesca sostible

O pleno do Consello Galego de Pesca realizou unha declaración de interese en defensa da frota galega ante o acoso inxustificado que sofre por parte de organizacións ecoloxistas que será remitida á Comisión Europea e a outros organismos internacionais

29/07/22 | 13:28 | A Presidencia da Xunta

Rueda valora o pulo da frota galega da pesca conxelada, que no primeiro semestre do ano incrementou un 30% os seus ingresos

O titular do Goberno galego considera que os datos avalan que esta industria está a resistir o impacto da crise e que Galicia é unha “potencia mundial” no sector

28/07/22 | 17:48

Galicia conciencia nos areais sobre a necesidade de respectar o labor do sector marisqueiro que no verán obtén un terzo dos seus ingresos anuais

A campaña 'Do mar, vívese' desenvolverase en medio cento de praias galegas ata comezos de outubro, abarcando o período de maior afluencia de visitantes