Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 287 novas da área temática Exterior:

09/12/21 | 18:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia defende a necesidade de ampliar as liñas de cooperación cos veciños do sur do Mediterráneo e fai balance en Roma da súa cooperación con Libia

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, destaca a contribución galega á cooperación coas cidades libias no marco da Iniciativa Nicosia do Comité Europeo das Rexións

02/12/21 | 16:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avoga en Bruxelas polo establecemento dun etiquetado ecolóxico que inclúa aos produtos da pesca, da acuicultura e do marisqueo

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representa a Galicia nun 147º pleno do Comité Europeo das Rexións no que os seus membros tiveron ocasión de debater sobre asuntos comunitarios co presidente de Francia, Emmanuel Macron, e co comisario de Emprego e Dereitos Sociais, Nicolas Schmit

26/11/21 | 18:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na XIV edición do encontro de Comunidades Autónomas e cooperación para o desenvolvemento

O encontro, organizado pola Junta de Estremadura, celebrouse nas cidades de Mérida e Cáceres entre o 24 e 26 de novembro

22/11/21 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende en Bruxelas a importancia de previr o abandono da terra para facer fronte ao reto demográfico

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR)

16/11/21 | 20:17 | A Presidencia da Xunta

Feijóo garante en Bruxelas que Galicia seguirá a ser unha das rexións que mellor executa os fondos europeos de acordo coas estratrexias da UE e de forma eficiente

“Hoxe trouxemos á capital europea os temas que lle preocupan a Galicia”, di, trasladando o compromiso de presentar, no primeiro trimestre de 2022, o Plan estratéxico da economía galega 21-30, cos fondos de cohesión e os Next Generation xa incorporados

16/11/21 | 13:54 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao Camiño como un “faro permanente” do que é o feito europeo e invita a visitar Galicia no Ano Santo dobre para vivir unha experiencia “que non se esquece”

Resalta que os máis de 83.000 quilómetros de sendas xacobeas que vertebran o continente ou os seus máis de 1.200 anos, son unha alegoría de todo canto simboliza a Unión: “Europa é solidariedade e non hai nada máis solidario que o Camiño”, di

11/11/21 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza unha conferencia sobre o futuro da acción exterior galega

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea impulsou hoxe na Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) un coloquio sobre o futuro da acción exterior galega

05/11/21 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 70.000€ para colaborar con tres ONGD galegas no proxecto “Activistas polo mundo que queremos 2021-2022”

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asinou hoxe con representantes das ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz o convenio para renovar a colaboración

04/11/21 | 20:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia avoga pola participación da cidadanía no deseño do futuro de Europa fronte ao euroescepticismo

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu hoxe á clausura do encontro europeo “Voces europeas retando ao euroescepticismo” organizado polo Concello de Rois que rematou coa sinatura dun pacto de irmandade entre os representantes dos municipios dos 27 Estados Membros

29/10/21 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a colaboración con Farmamundi en actuacións de acción humanitaria e emerxencia e para mitigar o impacto da covid-19

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asinou hoxe coa ONGD unha addenda ao convenio de colaboración asinado este ano con Farmamundi para incrementar o orzamento do acordo en 40.000 euros, o que suporá un investimento total de 90.000 euros