Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

04/07/22 | 11:16 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 50 persoas por 42 accidentes de tráfico durante a fin de semana da operación saída

Desde as 15,00 horas do venres, 1 de xullo ata as 23,59 horas do domingo, 3 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 51 chamadas por accidentes de tráfico

01/07/22 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta volve reclamar ao Goberno central un concurso de méritos que cubra as vacantes na Policía Autonómica

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo entrega de dúas furgonetas ao Equipo de Resposta Policial coas que reforzar o parque móbil da unidade e mellorar a eficiencia nos seus operativos
 
O ERPOL encargase de tarefas como a loita contra o furtivismo e o marisqueo ilegal que no que vai de ano contou con case 900 dispositivos con máis de 1.200 inspeccións que deron como resultados 515 denuncias e 38 detencións
01/07/22 | 12:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os 117 alumnos da 14ª promoción de Policía Local que se forma na AGASP inician as prácticas nos seus respectivos concellos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva visitou hoxe o alumnado con motivo da súa despedida das clases teóricas ata outubro

29/06/22 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia serve de referente para Valencia

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, mostrou hoxe as instalacións e dotacións tecnolóxicas do CIAE 112 Galicia a técnicos de seguridade e infraestruturas do organismo homólogo da Generalitat valenciana

29/06/22 | 13:04 | A Presidencia da Xunta

As Policías autonómica e nacional, a Garda Civil e o exército despregaranse pola provincia de Pontevedra para a vixilancia fronte aos lumes forestais

Os delegados territoriais de Pontevedra e Vigo, Luis López e Marta Fernández-Tapias, presidiron esta mañá o Comité Provincial de Coordinación Policial contra os Lumes Forestais 2022 para abordar o plan operativo que entra en vigor este venres 1

24/06/22 | 11:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza os procesos de selección e forma aos efectivos de Policía Local de 89 concellos dos 127 que dispoñen deste corpo de seguridade

A través dos convenios asinados entre a Xunta e os concellos, contratáronse desde 2018 un total de 511 auxiliares de Policía Local, 392 efectivos da categoría de Policía Local, 28 oficiais e 2 vixilantes municipais

23/06/22 | 11:06 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia aconsella precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras na noite de San Xoán

A Central de Coordinación do 061 reforza o seu persoal ante o incremento do número de chamadas por intoxicacións, accidentes de tráfico e queimaduras

21/06/22 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Finaliza con éxito a proba de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 32 presas galegas

A proba comezou na xornada de onte ás 09,00 horas na presa de Salas e repetiuse en distintas presas ata as 16,00 horas de hoxe

21/06/22 | 15:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega equipos de excarceración para rescate aos GES de Friol e Mos e ao servizo municipal de emerxencias de Noia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega dos tres equipos destinados a atender intervencións como accidentes de tráfico con persoas atrapadas ou rescates en espazos confinados ou estruturas colapsadas