Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

21/11/22 | 12:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inaugura unha mostra bibliográfica na Biblioteca de Galicia ao redor de María Casares no día do centenario do seu nacemento

‘María Casares: a conquista da existencia’ reúne unha trintena de libros, ademais de revistas, vídeos e discos que fan un percorrido pola vida da artista

20/11/22 | 14:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez celebra o Día da Música coa Unión Musical de Valladares, que cumpre 120 anos como referente bandística de Vigo e de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades subliña a aportación das bandas musicais á cultura galega “cunha gran conexión co noso territorio e a nosa forma de ser”

20/11/22 | 09:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a segunda convocatoria do programa ‘Territorio Cultura’, que eleva a preto de 1,3 M€ o investimento na dinamización do rural galego

O DOG publica as bases desta nova quenda de axudas, dotada con 661.000€ para continuar ampliando a oferta e o tecido culturais en concellos de ata 30.000 habitantes e cunha densidade máxima de 100 hab/km2

19/11/22 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á difusión internacional do cinema galego en 22 festivais e mercados de sete países

A Consellería de Cultura achega case 35.000 euros a unha vintena de produtoras para a promoción dos seus traballos en mostras e encontros profesionais como a Berlinale, o Bafici de Bos Aires, o festival de Nova York ou o Mipcom de Cannes

18/11/22 | 20:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia as ‘Xornadas Florenciófilas’, que pechan en Valdeorras o ano das Letras dedicado á figura de Delgado Gurriarán

O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura deste simposio que reunirá na comarca unha ducia de personalidades da cultura galega desde hoxe ata o domingo 20

18/11/22 | 16:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/11/22 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta repite como principal patrocinadora no 15º aniversario de Culturgal e reforza a súa vertente profesional

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades renova o seu compromiso co evento, no que achegará preto dunha trintena de actividades á súa programación

18/11/22 | 14:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida a explorar na exposición ‘Ferrol no tempo’ a identidade e historia dunha cidade que embarcou a Galicia na modernidade

A exposición, unha das grandes citas culturais deste outono e inverno en Ferrol, mergulla aos visitantes nunha extraordinaria viaxe a través da historia naval, obreira e ilustrada desta cidade

18/11/22 | 12:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A programación da Xunta no centenario de María Casares afronta a recta final con novas conferencias, exposicións e propostas escénicas e audiovisuais

O luns, coincidindo coa data na que se cumpren 100 anos do seu nacemento, inaugúrase unha nova exposición na Biblioteca de Galicia que se suma á que permanece aberta na Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña