Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

18/10/22 | 13:51 | C. do Medio Rural

Preto de 12.000 gandeiros recibiron máis de 11,5 M€ en axudas xestionadas pola Xunta para compensar as dificultades económicas da invasión rusa de Ucraína no sector gandeiro de carne

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución do Fondo Galego de Garantía Agraria, dependente da Consellería do Medio Rural, coas persoas beneficiarias destas axudas
 

18/10/22 | 11:46 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Trazo e Curtis dous cursos sobre competencias empresarias nas explotacións gandeiras

A formación de Trazo ten previsto comezar o vindeiro martes 25 de outubro, mentres que a de Curtis empezaría o mércores 26 de outubro

17/10/22 | 13:50 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade difunde en Madrid a excelencia dos viños galegos

Os produtos de once adegas certificadas polo selo de garantía están presentes nun curso para sumilleres e profesionais da restauración que se celebra hoxe e mañá, impartido por Jorge Vila, da Galicia Wine Academy

15/10/22 | 15:06 | C. do Medio Rural

A Xunta defende que Galicia sexa “a capital do rural feminino” pola presenza e o peso da muller no noso agro

José González sinalou que as mulleres galegas “son as gardiás da terra” e a súa importancia ponse de manifesto porque -sinalou- “sen mulleres rurais non habería historia de Galicia”
 

14/10/22 | 15:04 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo as posibilidades que ofrecen os instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria para a xestión do monte e a anticipación aos incendios forestais

Inés Santé referiuse ás vantaxes que presentan as aldeas modelo e os polígonos agroforestais, así como as agrupación forestais de xestión conxunta

14/10/22 | 13:27 | C. do Medio Rural

A Xunta desenvolve actualmente ata 14 programas sanitarios gandeiros oficiais cun investimento de 52 M€

José González celebrou a efectividade destes programas e agradeceu aos veterinarios o seu labor neste eido, así como o asesoramento e incentivo que prestan á participación na mellora do status sanitario das explotacións por parte dos gandeiros

14/10/22 | 11:18 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o traballo dos grupos de desenvolvemento rural na dinamización do agro galego

Inés Santé anunciou que os 24 grupos actuais foron preseleccionados para seguir á fronte da xestión do programa Leader no vindeiro período 2023-2027, tras cumprir todos eles coas condicións de admisibilidade esixidas
 

13/10/22 | 15:12 | C. do Medio Rural

A Xunta contribúe ao desenvolvemento da actividade apícola da Casa do Mel de Goente cunha achega de case 100.000 euros en dúas anualidades

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros interesouse, polos programas que leva a cabo a entidade ao longo do ano e a problemática que afecta ao sector, vinculada á presenza da vespa velutina