Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

09/09/21 | 12:20 | C. de Sanidade

A Xunta lamenta que o Goberno de España rexeite a tramitación preferente da creación da especialidade de medicina de urxencias e emerxencias

O xerente do Sergas, José Flores Arias, confirma no Parlamento de Galicia que o Ministerio de Sanidade ten comunicado á Xunta que non ten intención de atender a demanda que esta mesma Cámara formulou de xeito unánime hai uns meses

09/09/21 | 10:11 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 4.793 casos activos por coronavirus

Un total de 173.236 pacientes xa están curados

08/09/21 | 15:18 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reitera o compromiso da Xunta na loita contra o cancro e a aposta pola prevención e a detección precoz

Salienta que a pesar da pandemia en 2020 rematáronse as avaliacións de todas as mulleres que, resultando positivas, precisaron completar o estudo mamográfico

08/09/21 | 14:38 | C. de Sanidade

A Xunta e o concello de Fornelos de Montes asinan un convenio de colaboración para reformar o centro de saúde

O investimento deste proxecto de mellora ascende a 9.056 euros, unha partida económica que será cofinanciada, a partes iguais, entre a Xunta e o concello pontevedrés

08/09/21 | 14:10 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a apertura este sábado da vacinación sen cita a todos aqueles que aínda non recibiron a primeira dose e a habilitación a vindeira semana de puntos de vacinación nos campus

Respecto á hostalería, destaca a posta en marcha o vindeiro 15 de setembro dun protocolo con dous niveis, segundo o grao de compromiso do local e independentemente de onde se sitúe

07/09/21 | 20:30 | C. de Sanidade

Sanidade baixa de nivel os concellos de Ordes, Melide e Monforte de Lemos, non quedando ningún municipio en nivel máximo

O nivel alto de restricións aplicará para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo

07/09/21 | 15:26 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o investimento de 8,7 M€ en equipamento no Chus nos últimos dous anos como exemplo da aposta continua pola modernización tecnolóxica dos hospitais galegos

Á marxe da renovación tecnolóxica, cómpre lembrar que a Xunta xa ampliou recentemente o servizo de urxencias despois dun investimento de 1,65 millóns e segue a traballar na ampliación do complexo para aumentar a súa superficie en 30.000 m2, previo esforzo orzamentario de máis de 50 millóns de euros

07/09/21 | 12:19 | C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha o primeiro dos sete hospitais de día infanto-xuvenís contemplados no Plan de saúde mental de Galicia

O novo hospital de día psiquiátrico infanto-xuvenil, que comezou a funcionar este mes no hospital Nicolás Peña de Vigo, será continuado ao longo do ano por unidades similares en Santiago, Lugo e Ourense

07/09/21 | 10:18 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 5.556 casos activos por coronavirus

Un total de 172.152 pacientes xa están curados

06/09/21 | 14:03 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo resalta o novo Centro de Saúde do Saviñao como exemplo do compromiso coas infraestruturas sanitarias cun investimento de 8M€ no sur da provincia de Lugo

Reitera o compromiso do Goberno galego de seguir coa transformación da Atención Primaria, a través de novas tecnoloxías e cun modelo máis proactivo e con vocación comunitaria