Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

23/09/21 | 19:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias e a Editorial Elvira presentan a escolma de relatos que compoñen 'Historias do Camiño'

Con limiar do xornalista Jacobo Buceta, a publicación editada no marco do programa de “O Teu Xacobeo” consta de 12 relatos encabezados pola obra gañadora Os fillos pequenos

23/09/21 | 18:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia apoia o VI Festival Intercéltico 'O Son do Pazo 2021'

O representante da Xunta pon en valor esta cita para divulgar tanto a nosa música como os oficios tradicionais vencellados a ela

23/09/21 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba un Bono Cultura que mobilizará 4 M€ nos establecementos e entidades culturais e ofrecerá descontos do 50% aos clientes

Feijóo explica que estes bonos de ata 50 € chegarán a 39.000 persoas que os poderán empregar nos establecementos adheridos para mercar produtos audiovisuais, libros ou videoxogos, así como para a compra de entradas para calquera tipo de espectáculo ou institución cultural

23/09/21 | 13:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Festival O son dos arrieiros da Estrada presenta o seu cartel de rock 100% galego con axuda da Xunta dentro do Xacobeo 21-22

Celebrará a súa primeira edición o 29 e o 30 de outubro, con subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da convocatoria extraordinaria do Plan de reactivación do sector cultural para promotoras musicais independentes

23/09/21 | 13:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta rende homenaxe cunha exposición á obra ‘La Colmena’ co gallo do 70 aniversario da súa publicación

A mostra ‘La Colmena. Historia dunhas páxinas zarandeadas’ pon de relevancia os problemas do manuscrito para superar a censura e a súa publicación en Bos Aires

22/09/21 | 21:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Tui inaugura o 17º Festival Play-Doc coa contribución da Xunta para recuperar o seu carácter internacional

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe no acto de apertura da 17ª edición do encontro, que se desenvolverá ata o 26 de setembro

22/09/21 | 19:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia e Afundación inauguran en Vigo a última exposición da retrospectiva 'As miradas de Isaac'

Román Rodríguez convida á cidadanía viguesa a “apreciar de primeira man a herdanza patrimonial dun dos autores fundamentais na concepción da identidade galega”

22/09/21 | 15:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta redobra o seu apoio ao sector da música de verbena coa celebración de sete festivais con 50 orquestras dentro do Xacobeo 21-22

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e os presidentes da Asociación Galega de Orquestras, Manuel Ángel Fariña, e da Asociación de Empresarios da Música da Verbena Galega, Alberto Dopico, presentaron hoxe este programa intensivo

22/09/21 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os xardíns de Meirás acollerán unha exposición en homenaxe a Pardo Bazán por iniciativa da Xunta

Román Rodríguez anuncia esta mostra e salienta que con esta acción se seguen dando pasos de cara a devolver a esencia deste espazo coa que foi concibido

21/09/21 | 18:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sinala a suma de apoios como o elemento fundamental para o proxecto común da Ribeira Sacra

Destaca a zona como un dinamizador de riqueza, motor económico, laboral, cultural e turístico