Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

26/10/21 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra a aprobación pola Autoridade Portuaria da Coruña do proxecto e do convenio para impulsar a conexión ferroviaria de Punta Langosteira

O Goberno galego destaca que este gran avance é posible grazas a que o presidente da Xunta acadou o compromiso do Goberno de España para licitar a conexión

26/10/21 | 12:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica o decreto expropiatorio para a execución das sendas peonís e ciclistas en Montealegre e en Valdorregueiro, no Concello de Ourense

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o Decreto polo que se declara a utilidade pública dos terreos afectados pola construción dos novos itinerarios proxectados nas estradas autonómicas OU-101 e OU-150

26/10/21 | 11:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Silleda das vías PO-210 e PO-211 de conexión coas estacións ferroviarias

O obxectivo da transferencia ao municipio é adaptar as vías á súa actual funcionalidade local, derivada do progresivo abandono das estacións de tren de Silleda e Bandeira

25/10/21 | 17:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda cos alcaldes da comarca de Ferrolterra a mellora dos servizos de autobús de conexión coa Coruña

O Goberno galego incorporará as achegas dos concellos á proposta que está a redactar a concesionaria para adaptar a oferta de servizos á demanda actual

25/10/21 | 15:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a execución das obras de reforzo do firme na estrada autonómica LU-546, na travesía de Sarria

Esta actuación de mellora da seguridade viaria céntrase no tramo entre os puntos quilométricos 23+380 e 24+290

25/10/21 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez subliña que a Xunta investirá o vindeiro ano case 38M€ nas estradas autonómicas de Lugo para avanzar na vertebración e no equilibrio territorial

Vázquez Mourelle detalla o investimento de 8 M€ en rematar o treito A Pobra-Sarria centro da autovía Nadela-Sarria, que acada o 60% de execución e estará en servizo en outono de 2022, e para iniciar a redacción do proxecto do treito restante

24/10/21 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedra

Iniciaranse estas tarefas na estrada LU-751, nos municipios de Meira e de Ribeira de Piquín; na OU-536 en Ourense; na OU-402 ao seu paso polos concellos de Ourense, de Barbadás e de Castrelo do Miño; e na Variante de Vilagarcía VG-4.7, que une Carril e Baión

23/10/21 | 11:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a renovación do saneamento no núcleo de Enxames, en Vilardevós

Os traballos, que suporán un investimento autonómico de máis de 17.000 euros, contan cun prazo de execución de 6 meses

23/10/21 | 11:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa novos traballos de reforzo da seguridade viaria na estrada LU-633 en Triacastela, no treito coincidente co Camiño Francés

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a levar a cabo melloras no cruzamento da ruta xacobea coa vía autonómica, no punto quilométrico 27+580