Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

15/06/20 | 13:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada á fundación equipo humano o papel central da formación como dinamizadora de emprego de calidade no novo horizonte económico

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse esta mañá por videoconferencia con responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da entidade, dedicada a incentivar a mellora da empregabilidade e a capacitación dos colectivos máis vulnerables

15/06/20 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta e os autónomos acordan comezar a desenvolver de inmediato as medidas recollidas no Plan de reactivación

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participaron esta mañá na mesa do autónomo para avaliar o Plan de Reactivación Económica

11/06/20 | 18:14 | C. de Economía e Industria

Conde asegura que a economía social xogará un papel estratéxico na reactivación da economía galega

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro telemático con representantes do Foro pola Economía Social Galega, no que destacou o compromiso do sector coas persoas e o traballo inclusivo

10/06/20 | 14:38 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a capacidade do tecido industrial galego para identificar novas oportunidades e reorientar a súa capacidade produtiva

Agradece o labor de todas as empresas que estiveron traballando “para que poidamos agora abrir a economía de Galicia con seguridade”, di, referíndose ás máis de cen empresas que na Comunidade están a producir material de protección

09/06/20 | 21:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta lamenta que o Goberno siga sen fixar un prezo eléctrico que garanta o mantemento do emprego en Alcoa San Cibrao

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, advirte de que a mesa de traballo remata sen saberse como ten previsto o Goberno establecer un prezo eléctrico que permita competir en igualdade de condicións con outros países europeos e evitar así a fin da produción de aluminio primario en España

09/06/20 | 14:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica a formación de calidade como garantía de ocupabilidade e inserción laboral ante o novo escenario económico

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá un encontro telemático con responsables do Programa Integrado de Emprego da Asociación Área Empresarial do Tambre, destinado a menores de 30 anos desempregados e a mulleres paradas

08/06/20 | 18:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta e as empresas de gran consumo eléctrico coinciden na necesidade inmediata dun prezo eléctrico competitivo para dar unha solución a esta industria e aos 5000 empregos en Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro esta tarde coa Asociación de Empresas de Gran Consumo Eléctrico (AEGE) para avaliar a situación do sector no país, unha xuntanza previa á reunión de mañá da mesa de Alcoa San Cibrao

08/06/20 | 14:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a necesidade de flexibilizar os requisitos de inserción laboral dos colectivos máis vulnerables para favorecer a reactivación económica

A director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá un encontro telemático con responsables do Programa Integrado de Emprego da Fundación Juan XXIII (Pontevedra), dedicado á integración social e laboral de persoas con diversidade funcional

08/06/20 | 14:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña a importancia de adaptar os requisitos de inserción laboral para impulsar a recuperación económica

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse esta mañá mediante videoconferencia con responsables do Programa Integrado de Emprego do centro Agarimo de Arteixo, dedicado á integración social e laboral de mozos en risco de exclusión social