Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

27/09/21 | 14:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca un investimento de mais de 1,1M€ no Centro Público Integrado plurilingüe de Vedra

O representante da Xunta sinalou o dinamismo do colexio, que participa no proxecto de libro dixital E-Dixgal, así como en varias iniciativas de bibliotecas escolares

27/09/21 | 14:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O certame de cinema Ouff escola recibe máis de 45 traballos na súa XII edición

O secretario xeral de Política Lingüística asiste á entrega de premios deste certame que conta co apoio da Xunta para potenciar a lingua galega no sector audiovisual desde idades temperás

27/09/21 | 14:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo confirma que a Xunta avanza no expediente para declarar BIC o Museo Carlos Maside

O Goberno galego vén de completar unha actualización do inventario de toda a colección, composta por máis de 2.000 pezas

27/09/21 | 12:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego inicia as audicións a 80 aspirantes para integrar os elencos dos seus novos espectáculos

Foron 330 persoas as inicialmente presentadas para interpretar a adaptación de A Peste, de Albert Camus, baixo a dirección de Cándido Pazó, e de Ás oito da tarde cando morren as nais, dirixida por Marta Pazos con dramaturxia de AveLina Pérez

25/09/21 | 18:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A produtora galega CTV e a portuguesa SPI coproducen a nvoa serie 'Motel Valquirias' cofinanciada pola Xunta

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou no acto no marco do OUFF de Ourense para anunciar a rodaxe desta ‘dramedia’, adxudicataria dunha subvención de máis de 250.000 euros da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

24/09/21 | 14:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Vilablues de Noia estréase como festival da marca Fest Galicia da Xunta nunha edición con estrelas internacionais do xénero

Ademais deste patrocinio, o evento conta coa axuda da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da convocatoria de subvencións a festivais profesionais de música

24/09/21 | 14:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A mostra da Xunta en homenaxe a Xela Arias "Asinamos ser libres" chega á Coruña

O secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e de Política lingüística, Valentín García, inauguraron hoxe a exposición itinerante na Biblioteca Pública Miguel González Garcés

23/09/21 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta mostra en Ourense unha selección de gravados composteláns dos séculos XVII e XVIII

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición ‘Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán’