Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

26/01/21 | 13:18 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada á Comisión Europea as liñas xerais da Lei de impulso demográfico e as medidas que impulsou Galicia neste eido

O Parlamento galego debate hoxe a aprobación definitiva desta norma, que converte a Galicia na primeira comunidade autónoma en elevar a cuestión demográfica a rango de Lei

26/01/21 | 11:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a orde de axudas para a posta a disposición dos concellos dun total de 35 unidades de atención temperá

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe estas subvencións, que incrementan nun 50% o seu orzamento ata chegar aos 3 millóns de euros

25/01/21 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
23/01/21 | 12:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias cifra nunhas 1.500 as familias viguesas que se benefician da gratuidade das escolas infantís privadas e de iniciativa social para segundos fillos

Nunha visita á escola infantil Lúa a delegada territorial sinalou que a Xunta destina ao financiamento desta medida na cidade 4,6 millóns de euros neste 2021

22/01/21 | 13:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e a Fegamp avanzan na renovación da Axenda Social Única, que fixará os obxectivos en materia de inclusión para os próximos catro anos

A Axenda Social Única 2016-2020 logrou materializar o 96% das súas iniciativas e nela investíronse 162 millóns de euros

22/01/21 | 09:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta suspende as saídas de fin de semana dos residentes dos centros de atención á discapacidade de Galicia

Esta medida revisarase cando finalice o proceso de vacinación nas residencias e se garanta a inmunidade dos usuarios e os traballadores

21/01/21 | 12:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta outorga 22.776 horas anuais máis de Axuda no Fogar para dependentes aos concellos de Vilagarcía, O Grove, Cambados, A Illa, Meaño, Meis e Ribadumia

A Consellería de Política Social concede 8.664 horas máis á capital do Salnés, o que supón un alza do 15,2% e permitirá realizar 65.628 horas por exercicio

21/01/21 | 11:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta cre "insuficiente" o incremento en 45 millóns de euros para dependencia anunciado polo Goberno central

O Executivo central só achega o 24% para o financiamento da atención á dependencia, moi lonxe do 50% que fixa a Lei

20/01/21 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta outorga 63.108 horas anuais máis de axuda no fogar para dependentes ao Concello de Pontevedra e tamén aumenta o servizo en Marín, Poio, Portas, Barro e Bueu

A Consellería de Política Social concede 76.116 horas de incremento dende este mesmo ano a estes seis municipios das bisbarras de Pontevedra, O Morrazo e Caldas

20/01/21 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa ata os 655.000 euros a achega ao Programa de Integración Familiar que desenvolve a Fundación Meniños

Esta contía supón un 4% máis ca en 2020 e un 56% máis do que se destinaba a este fin ao inicio da anterior lexislatura