Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

13/02/20 | 16:18 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Galicia Calidade identificará e potenciará os produtos galegos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou que cumpran requisitos de excelencia en produción ou transformación

Feijóo asevera que esta marca amparará tamén tanto os produtos derivados das razas gandeiras autóctonas como o selo Galega 100% e o selo relativo á pesca de rías

13/02/20 | 14:06

Nava Castro salienta a positiva contribución da enogastronomía para o impulso turístico da provincia de Lugo e do seu rural

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiron á presentación do Campionato Oficial de Tapas e Pinchos de España

12/02/20 | 17:05

Román Rodríguez reúnese coa Autoridade Portuaria de Cork para avanzar na posta en marcha dunha nova liña marítima desde Vigo

Representantes da Autoridade Portuaria de Vigo, do Porto de Cork e de Atlantic Ferry Lines participaron nesta xuntanza que suporía un importante impulso para dinamizar as relacións comerciais e turísticas entre Galicia e Irlanda

12/02/20 | 14:46

Román Rodríguez e o alcalde de Pontevedra avanzan no deseño da programación do Xacobeo 2021 para a cidade

O conselleiro de Cultura e Turismo mantivo un encontro co rexedor para abordar as diferentes iniciativas previstas no marco desta celebración

12/02/20 | 12:49

A Xunta abre o prazo das axudas para a contratación de persoal nas oficinas de turismo de xeodestinos e municipios turísticos

Desde hoxe poden solicitarse as subvencións que nesta convocatoria se amplía de maio a setembro os meses de traballo

11/02/20 | 15:12

Román Rodríguez analiza co alcalde de Ourense os detalles da programación do Xacobeo 2021 na cidade

O conselleiro de Cultura e Turismo mantivo un encontro co rexedor ourensán para abordar as diferentes iniciativas co gallo desta celebración

07/02/20 | 15:17

A Xunta traballa co sector no deseño do novo Grao de Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira do CSHG

O conselleiro de Cultura e Turismo participou hoxe na primeira reunión do comité de expertos á que asistiron representantes da Universidade de Santiago de Compostela, profesionais do sector, expertos en sustentabilidade e antigos alumnos

07/02/20 | 15:03

Ovidio Rodeiro presentou a XXXVII Festa da Filloa de Lestedo como unha das máis importantes do entroido galego

O delegado territorial da Xunta destacou que esta celebración é unha festa global que suma o mellor de Galicia nunha soa xornada gastronómica

07/02/20 | 12:00

Pontevedra acada cifras récord durante a última década cun crecemento do 39% no número de viaxeiros

O conselleiro de Cultura e Turismo presentou o balance do sector nesta provincia, que en 2019 superou os 1,7 millóns de viaxeiros e os 4,3 millóns de noites

06/02/20 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Díaz Mouteira recoñece o labor na promoción da tradición gastronómica das 40 confrarías homenaxeadas hoxe en Xantar

A delegada territorial da Xunta en Ourense participou no acto central da segunda xornada da 21ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico