Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

28/10/21 | 18:56 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a aprobación no Consello da Xunta de mañá venres do novo Plan de Infraestruturas de atención primaria

Afirma que con este plan dáse un paso máis cara a un novo ciclo postpandemia, no que a construción dun novo Sistema Galego de Saúde seguirá a ser un dos piares do Goberno autonómico

28/10/21 | 18:44 | C. de Política Social e Igualdade

Politica Social creará nos vindeiros meses 315 prazas en residencias públicas de maiores e 280 de atención á discapacidade

O Proxecto de orzamentos da Xunta contemplan un investimento en Política Social de 927,4 millóns de euros, o dobre que en 2009

28/10/21 | 17:07 | C. de Sanidade
27/10/21 | 15:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez demanda que as emendas arranxen uns Orzamentos do Estado para 2022 que ignoran as necesidades históricas de Galicia en infraestruturas

Vázquez Mourelle contrapón a présa en actuacións “que menos benefician aos cidadáns”, como o pago nas autovías, coa “parsimonia absoluta” nas infraestruturas viarias para a vertebración da comunidade, especialmente do interior

27/10/21 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que os orzamentos da Xunta destinarán en 2022 máis de 100 M€ a apoiar os concellos nas súas competencias de saneamento, abastecemento e depuración

Preto de 75 M€ serán para obras hidráulicas e 26 M€ se destinarán a xestionar as 28 depuradoras municipais que explota a Xunta

27/10/21 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 390.000 euros a execución das obras de mellora da estación depuradora municipal de Comboa, no Concello de Soutomaior

Os traballos céntranse na modernización da planta de tratamento de augas residuais, así como na incorporación de sistemas de desodorización, promovendo no seu conxunto un avance na calidade ambiental da zona

27/10/21 | 11:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en novembro e en xaneiro aos titulares dos terreos necesarios para executar unha senda no núcleo da Tablilla, no concello de Cerceda

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria do levantamento de actas previas para o 8 de novembro e da súa formalización para o 24 de xaneiro

26/10/21 | 17:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lanza unha segunda ampliación das axudas para novas accións de saneamento e abastecemento en concellos de menos de 5.000 habitantes dotada con 720.000 €

O departamento que preside Ethel Vázquez investiu nas dúas primeiras convocatorias preto de 8,9 M€ para apoiar 217 actuacións en 152 municipios e garantir o mellor funcionamento destes servizos de competencia local

26/10/21 | 17:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicita a declaración de Interese Xeral do Estado das actuacións precisas para garantir o abastecemento de auga a Vigo

A directora e o xerente de Augas de Galicia participaron hoxe na xuntanza coa Confederación Hidrográfica de Miño-Sil e co Concello de Vigo na que se acordou pechar o traballo de análise das alternativas sobre o abastecemento

A Xunta manifestouse en contra de que se recolla como actuación prevista o trasvase de auga do río Verdugo ao río Oitavén, posto que o propio estudo acredita que non solucionaría os posibles problemas de abastecemento en ningún escenario

26/10/21 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasládalle ao Ministerio de Transportes o informe da Comisión Galega da Competencia que sinala como excesivas e posibles “axudas de Estado” as compensacións á concesionaria da AP-9

O Goberno galego urxe a convocatoria dunha reunión da Comisión da AP-9 para abordar este informe e o ditame do Consello Consultivo de Galicia, entre outros asuntos