Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

03/09/20 | 11:59 | C. do Medio Rural

A Xunta activa por segundo ano consecutivo o plan propio de control de vendima nas cinco denominacións de orixe galegas

Este plan, dotado con 180.000 euros, contempla accións de control por parte de persoal propio da Agacal, inspectores de campo e técnicos de coordinación

02/09/20 | 12:29 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Friol unha xornada sobre a pegada de carbono en gandarías de produción ecolóxica

Terá unha duración total de 10 horas e celebrarase os vindeiros días 9 e 10 de setembro en horario de mañá

01/09/20 | 14:01 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa un proxecto de innovación sobre rotacións ecolóxicas de cultivos forraxeiros para a produción de leite

O proxecto desenvólvese nas instalacións da Estación Experimental agrogandeira situada no concello lugués da Pobra do Brollón, pertencente á rede de fincas experimentais da Consellería do Medio Rural

31/08/20 | 17:16 | C. do Medio Rural

A Xunta prevé devolver á produción este ano unhas 1.300 hectáreas de terreo grazas á iniciativa das aldeas modelo

Foi o que destacou José González, que tamén se reunirá esta mesma tarde cos comuneiros de Moreiras-Trelle para buscar fórmulas que aposten pola multifuncionalidade dos montes da zona

31/08/20 | 16:53 | C. do Medio Rural

O Pazo de Quián acolle hoxe e o mércores dous cursos sobre os queixos galegos con Denominación de Orixe organizados pola Xunta

Abordaranse aspectos como as características, calidades e particularidades destes produtos, os seus procesos de elaboración, os elementos propios de cada denominación, os consellos reguladores e a súa análise sensorial

30/08/20 | 12:25 | C. do Medio Rural

A Casa do Concello de Abegondo acolle dende mañá un curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios organizado pola Xunta

A acción está integrada no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

30/08/20 | 12:15 | C. do Medio Rural

Arranca mañá en Friol un obradoiro sobre alimentos agroecolóxicos organizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural comarca de Lugo

Con cargo ao programa Leader, a iniciativa desenvolverase no Centro Biocárnico Traloagro

26/08/20 | 10:05 | C. do Medio Rural

A Xunta traballa nun sistema avanzado de valoración nutricional das forraxes consumidas nas explotacións de vacún de leite

Este proxecto de investigación estase levando a cabo entre o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería do Medio Rural, e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal)

25/08/20 | 10:33 | C. do Medio Rural

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo rexistrou case 70 variedades dos principais cultivos de Galicia e traballa na incorporación de máis dunha vintena

Entre as variedades comerciais e de conservación rexistradas polo CIAM destacan as froiteiras e hortícolas, pero tamén hai cereais ou forraxes

24/08/20 | 11:04 | C. do Medio Rural

O Grupo de Desenvolvemento Rural comarca de Lugo organiza un obradoiro sobre alimentos agroecolóxicos en Friol

Con cargo ao programa Leader, a iniciativa está dirixida a concellos, produtores en ecolóxico ou persoas interesadas no emprendemento cooperativo