Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

02/11/21 | 19:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta o proxecto do Plan municipal de abastecemento autónomo no concello de San Xoán de Río, cun investimento de 150.000 euros

O obxectivo é dotar a entidade local de información sobre o nivel de garantía do abastecemento de auga potable á súa poboación e dun instrumento de planificación para a mellora da prestación deste servizo, de competencia municipal

02/11/21 | 14:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/11/21 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xestionará en 2022 un orzamento de 536 M€ e executará novas infraestruturas sanitarias por máis 100 M€

Ethel Vázquez subliña que a Xunta destinará en 2022 case 46 M€ a vías de altas prestacións libres de peaxe para avanzar na vertebración interior con obras como a Vía Ártabra, a autovía Nadela-Sarria e a VAC Tui-A Guarda, ademais da prolongación das vías de alta capacidade da Estrada, da Costa Norte e da Costa da Morte

01/11/21 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará este martes novos traballos de limpeza nas marxes da autovía Ferrol-Vilalba ao seu paso polo lugar de Vilallonte, en Narón

Continuarán as tarefas xa iniciadas na VAP VG-1.4, no municipio coruñés de Fisterra, e na estrada AC-552, en Vimianzo; na vía de altas prestacións CG-2.2 Lugo-Sarria, nos municipios de Lugo, do Corgo, do Páramo e de Sarria; e na LU-934, en Friol

30/10/21 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras de reforzo do firme na LU-546 coa mellora da Travesía de Sarria

O delegado territorial, Javier Arias, lembra que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de investir 1,3 millóns de euros nas estradas que comunican o municipio coa capital e coa saída cara á Meseta pola A-6

30/10/21 | 12:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para executar un novo muro de protección da marxe do Río Mero en Ponte Peiraio, en Cambre, que suporá un investimento de preto de 210.000€

Trátase de actuar no noiro de sostemento da senda fluvial sobre a marxe esquerda da canle do río, acondicionando tamén o treito do itinerario soportado por este

30/10/21 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a seguridade viaria na estrada LU-530 en Baleira, no treito coincidente co Camiño Primitivo

Estanse a realizar melloras no cruzamento da ruta xacobea coa vía autonómica, no punto quilométrico 37+990, ao seu paso pola parroquia da Lastra

29/10/21 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias pide axilidade ao concello de Lugo para desbloquear as grandes actuacións no barrio da Tinería

O delegado territorial tamén solicita que se conceda a licenza de primeira utilización aos inmobles da Tinería 15 e Recanto do Miño 17, que suporán a entrega de seis vivendas a outras tantas familias

29/10/21 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financiou a mellora viaria integral de lavadoiro do Ramo e Piñeirón, en Ribadumia, ao abeiro do Plan Marco cun investimento de 36.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, David Castro, supervisa esta actuación de ensanchamento e acondicionamento da vía, reposición do firme, construción de muro de contención e recollida de pluviais

29/10/21 | 11:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor traslada o compromiso da Xunta coa depuradora de Queiruga que contará cun investimento de arredor de 500.000 € no 2022

O delegado territorial da Xunta na Coruña e o alcalde de Porto do Son supervisaron, cos representantes da empresa que elaborou o proxecto, os detalles do mesmo