Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

04/10/21 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Filmoteca de Galicia súmase á celebración do Día do Cine Español cun dobre pase de ‘Esa pareja feliz’

A película codirixida por Berlanga e Bardem, cuxa data de fin de rodaxe foi o 6 de outubro de 1953, determina a efeméride que se celebra por primeira vez este ano

03/10/21 | 11:40

Lorenzana percorre parte do Camiño de Santiago en apoio do emprendemento na economía social

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou nunha etapa do Camiño Francés, entre O Pino e Santiago de Compostela, organizada no marco do programa de mentoring O Camiño Emprendedor

03/10/21 | 11:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conmemora o Día Mundial da Saúde Mental coa representación de 'Demente' na Cidade da Cultura

A compañía de danza Fran Sieira aborda con esta peza os estigmas das doenzas mentais e os prexuízos existentes cara ás persoas que as padecen

02/10/21 | 11:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O ciclo da Xunta ‘O país das bandas’ despídese mañá no Rosal, despois de percorrer máis de 6000 quilómetros por toda Galicia

Ofrecéronse 97 concertos, coa participación de arredor de 4000 instrumentistas e máis de 500 profesionais implicados

01/10/21 | 18:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Ramón Piñeiro homenaxea pola súa xubilación a Blanca Ana Roig Rechou, unha das súas fundadoras

O secretario xeral de Política Lingüística foi o encargado de entregarlle á protagonista o primeiro exemplar de Verbas amigas. Homenaxe a Blanca Ana Roig Rechou, un volume de homenaxe en agradecemento polas súas contribucións á cultura galega

01/10/21 | 17:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

'Matria', a primeira longametraxe de Álvaro Gago, ródase en Pontevedra con axuda da Xunta a través da convocatoria para producións audiovisuais

O director de Industrias Culturais do Goberno galego, Jacobo Sutil, participa na visita á rodaxe na fábrica de conxelados Santamar

01/10/21 | 14:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta cofinancia o 14º Festival Internacional de Teatro de Ourense e a súa extensión en Barbadás

A cita, organizada pola compañía Sarabela Teatro, é adxudicataria dunha das subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a festivais profesionais de artes escénicas

01/10/21 | 14:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva a colección do CGAC a Vigo coa exposición 'Pingas rompentes'

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, inauguran a mostra no Museo do Mar de Galicia

30/09/21 | 18:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca os achados arqueolóxicos na Catedral de Santiago como un novo exemplo dunha rehabilitación sobresaínte

Salienta os novos achados da cripta como unha oportunidade para enriquecer a perspectiva da historia e singularidades da Catedral de Santiago

30/09/21 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Pazo de San Roque acolle un encontro de expertos sobre literatura infantil e xuvenil co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística inaugurou hoxe esta xornada na que se reuniron as persoas compoñentes da Rede Temática de Investigación ‘Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano’