Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

10/09/20 | 16:45 | C. do Medio Rural

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude acolle unha xornada técnica sobre maquinaria para a mecanización da horta

A acción, que incluíu demostracións en campo, ten lugar nun momento de incremento da demanda de distintos equipos para mecanizar tarefas agrarias

10/09/20 | 11:18 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa no Festival da Luz o consumo dos 36 produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade

A Consellería do Medio Rural pon a disposición do evento os Menús da Luz, que se poden adquirir xa na súa web ou de xeito presencial o propio sábado

09/09/20 | 10:30 | C. do Medio Rural

Mañá celébrase en Bergondo o curso sobre emprego de drons en labores agrícolas e forestais organizado pola Xunta

A acción está integrada no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

08/09/20 | 12:11 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía ata o 15 de decembro o prazo de presentación de licenzas e permisos para os solicitantes das axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións

Así o formalizará o Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días, aumentando excepcionalmente en tres meses o período marcado inicialmente para aportar esta documentación

08/09/20 | 11:24 | C. do Medio Rural

O centro sociocultural de Friol acollerá mañá e pasado unha xornada sobre a pegada de carbono en gandarías de produción ecolóxica organizada pola Xunta

Esta acción formativa, dirixida sobre todo a gandeiros e na que colabora o Craega, está integrada no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

06/09/20 | 11:08 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza este mes de setembro un Programa de formación de catas de aceite de oliva virxe extra no Concello da Estrada

Haberá un curso de iniciación, perfeccionamento e avanzado que se celebrarán os vindeiros días 13, 20 e 27 de setembro, respectivamente

06/09/20 | 10:48 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza este mes de setembro un Programa de formación de catas de aceite de oliva virxe extra no Concello da Arnoia

Haberá un curso de iniciación, perfeccionamento e avanzado que se celebrarán os vindeiros días 12, 19 e 26 de setembro, respectivamente

05/09/20 | 11:49 | C. do Medio Rural

A comarca da Limia comproba que as rotacións de forraxes ecolóxicas contribúen ao incremento da produción do leite de vacún e á redución dos custos nas explotacións

As terras dunha explotación leiteira de Allariz están a albergar unha acción de desenvolvemento e transferencia do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Agacal

04/09/20 | 10:38 | C. do Medio Rural

A Casa da Cultura da Pontenova acollerá un curso sobre técnicas de extracción de resina organizado pola Xunta

A acción formativa desenvolverase entre o 11 de setembro e o 10 de outubro

03/09/20 | 12:50 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Bergondo un curso sobre o emprego de drons en labores agrícolas e forestais

Terá unha duración total de 8 horas e celebrarase o vindeiro día 10 de setembro en horario de mañá e tarde no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo