Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta organiza en Oza-Cesuras un curso sobre a loita e o control de pragas e enfermidades na horticultura ecolóxica
A acción formativa, promovida pola Oficina Agraria Comarcal de Betanzos, desenvolverase entre os vindeiros 23 e 28 de setembro
A Xunta organiza en Bergondo un curso para aprender a montar pequenas instalacións de rega
Desenvolverase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo entre os vindeiros días 21 e 25 de setembro
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte acollerá un curso de podoloxía práctica en vacún
A iniciativa, organizada polo propio CFEA, desenvolverase entre os vindeiros 21 e 28 de setembro
A Cooperativa Campo da Capela acollerá nos vindeiros días dous cursos para gandeiros de vacún de leite deseñados para aumentar a eficiencia económica das súas explotacións
Estas accións están integradas no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
Mañá impártese en Curtis unha xornada organizada pola Xunta sobre a pegada de carbono en gandarías de produción ecolóxica
O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia colabora na iniciativa
A Xunta demanda un reparto xusto e equitativo entre as autonomías dos fondos do instrumento de recuperación da UE asociados á Política Agrícola Común
José González insistiu na necesidade de manter os orzamentos da PAC para garantir unhas rendas dignas no sector e de que se teñan en conta as peculiaridades de Galicia no deseño e aplicación destas políticas
Mañá amplíase ata o 15 de decembro o prazo de presentación de licenzas e permisos para os solicitantes das axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que aumenta excepcionalmente en tres meses o período marcado inicialmente para aportar esta documentación
A sede da Xunta en Lugo acollerá unha xornada sobre a xestión técnica e económica das explotacións mediante as novas tecnoloxías e o benchmarking
A acción formativa, organizada pola Oficina Agraria Comarcal de Lugo, terá lugar o vindeiro venres 18 de setembro
As vacas alimentadas con leguminosas producen ata un 8% máis de leite e cun perfil graxo de maior calidade nutricional
Son as conclusións dunha investigación levada a cabo no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Agacal
Esta fin de semana comeza o programa de formación de catas de aceite de oliva virxe extra nos concellos da Arnoia e da Estrada
Ademais destes primeiros cursos de iniciación, sábado na Arnoia e domingo na Estrada, haberá outros de perfeccionamento e avanzado nas seguintes fins de semana