Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Administración pública:

17/09/20 | 10:12 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Oza-Cesuras un curso sobre a loita e o control de pragas e enfermidades na horticultura ecolóxica

A acción formativa, promovida pola Oficina Agraria Comarcal de Betanzos, desenvolverase entre os vindeiros 23 e 28 de setembro

16/09/20 | 10:33 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Bergondo un curso para aprender a montar pequenas instalacións de rega

Desenvolverase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo entre os vindeiros días 21 e 25 de setembro

16/09/20 | 10:12 | C. do Medio Rural

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte acollerá un curso de podoloxía práctica en vacún

A iniciativa, organizada polo propio CFEA, desenvolverase entre os vindeiros 21 e 28 de setembro

15/09/20 | 14:41 | C. do Medio Rural

A Cooperativa Campo da Capela acollerá nos vindeiros días dous cursos para gandeiros de vacún de leite deseñados para aumentar a eficiencia económica das súas explotacións

Estas accións están integradas no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

15/09/20 | 12:22 | C. do Medio Rural
14/09/20 | 13:41 | C. do Medio Rural

A Xunta demanda un reparto xusto e equitativo entre as autonomías dos fondos do instrumento de recuperación da UE asociados á Política Agrícola Común

José González insistiu na necesidade de manter os orzamentos da PAC para garantir unhas rendas dignas no sector e de que se teñan en conta as peculiaridades de Galicia no deseño e aplicación destas políticas

14/09/20 | 09:34 | C. do Medio Rural

Mañá amplíase ata o 15 de decembro o prazo de presentación de licenzas e permisos para os solicitantes das axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que aumenta excepcionalmente en tres meses o período marcado inicialmente para aportar esta documentación

13/09/20 | 10:55 | C. do Medio Rural

A sede da Xunta en Lugo acollerá unha xornada sobre a xestión técnica e económica das explotacións mediante as novas tecnoloxías e o benchmarking

A acción formativa, organizada pola Oficina Agraria Comarcal de Lugo, terá lugar o vindeiro venres 18 de setembro

12/09/20 | 11:18 | C. do Medio Rural

As vacas alimentadas con leguminosas producen ata un 8% máis de leite e cun perfil graxo de maior calidade nutricional

Son as conclusións dunha investigación levada a cabo no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Agacal

11/09/20 | 11:15 | C. do Medio Rural

Esta fin de semana comeza o programa de formación de catas de aceite de oliva virxe extra nos concellos da Arnoia e da Estrada

Ademais destes primeiros cursos de iniciación, sábado na Arnoia e domingo na Estrada, haberá outros de perfeccionamento e avanzado nas seguintes fins de semana