Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia conta con casas niño no 75% dos concellos con menos de 5.000 habitantes sen outros recursos de conciliación
A Xunta publicará a semana que vén unha nova orde coa que procura chegar ao 100% dos municipios
Fabiola García sinala que a cooperación institucional permitirá duplicar a capacidade da residencia de Porqueira ata as 46 prazas
O Goberno galego investirá 300.000 euros nesta actuación
A Xunta achega 400.000 euros para incrementar a axuda no fogar para dependentes no concello de Poio nun 8,5% ata as 41.724 horas anuais
O delegado territorial, Luis López, mantén un encontro co alcalde, Luciano Sobral, e con traballadoras do SAF para informarlles das melloras nesta prestación e da alza de investimentos este ano en Servizos Sociais por parte do Goberno galego
Gabriel Alén reúnese coa presidenta da Asociación APES para estudar futuras liñas de colaboración
Gabriel Alén subliñoulle que “a Xunta ven de aprobar a maior orde de axudas a entidades de inclusión social da historia”, e que destinará 3,4 millóns de euros a 29 organizacións da provincia de Ourense
A Xunta investirá 180.000 euros para reformar o centro sociocomunitario de Muros
As novas obras céntranse na renovación da cuberta, na mellora das carpinterías da planta baixa, na adaptación dos aseos para persoas con mobilidade reducida e na colocación dun novo sistema de calefacción
A Xunta destina máis de 1,3 millóns á Federación de Persoas Xordas para facilitar a comunicación e avanzar cara á accesibilidade universal
Realizan iniciativas de comunicación accesible para traducir a lingua de signos as medidas máis importantes do DOG, como por exemplo, as relativas á covid-19
O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Pereiro de Aguiar
Gabriel Alén fixo balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello destacando as achegas da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo de 40.000 euros para a creación e adecentamento de varios parques infantís
A Xunta apoia a innovación social a través de proxectos como o da empresa pontevedresa Envita para personalizar a atención ás persoas maiores
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitaron esta mañá a compañía, que desenvolveu unha ferramenta para mellorar os coidados a este colectivo
A Xunta traslada os avances realizados en Galicia na Historia Social Única Electrónica ao Goberno da Comunidade de Madrid
Este sistema integra todos os datos relativos á atención social, o que facilita a coordinación entre todos os axentes que participan na súa xestión