Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

09/11/21 | 15:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de reforzo do firme na estrada Romeán-Bascuas, no concello de Lugo, cun investimento de case 206.000 €

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade leva a cabo esta actuación con cargo ao plan de conservación, nun treito de 4,6 quilómetros

09/11/21 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis de 217.000€ en seis concellos na Orde de Infraestruturas de uso público destinada a concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte

O delegado da Xunta na Coruña e o alcalde de Coristanco visitaron as obras realizadas no parque infantil municipal que presta servizo ao CRA

09/11/21 | 14:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras de saneamento de Rianxo coa posta en marcha da primeira fase de ampliación da depuradora e a súa conexión co tanque de tormentas

A entrada en funcionamento desta instalación, que se executa en dúas etapas para garantir o tratamento das augas residuais en todo momento, permitirá comprobar o axeitado comportamento da nova infraestrutura de xeito previo ao inicio da segunda fase

09/11/21 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

11 empresas presentan ofertas para executar as obras que permitirán completar o saneamento no municipio de Irixoa cun investimento de 277.000€

Executaranse 5 ramais en tubaxe nas marxes das estradas, entre elas, na vía autonómica AC-151 e na provincial DP-0905

09/11/21 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba a declaración de impacto ambiental da Variante de Ribeira, que suporá un investimento de máis de 9 M€

Ethel Vázquez detalla que a previsión da Xunta é licitar en 2022 as obras correspondentes á 1ª fase, entre a glorieta do final da autovía do Barbanza e a avenida da Constitución

08/11/21 | 14:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de construción dunha senda peonil na estrada AC-404 entre a Ponte e Santa Catalina, en Santa Comba

A actuación de mellora da seguridade viaria e de fomento da mobilidade sostible suporá un investimento autonómico de arredor de 155.000 euros

07/11/21 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os traballos de limpeza nas marxes das estradas da Xunta permitiron desde xullo a roza mecánica de 320 km e actuar nunha superficie de 112.500 m2 de modo manual

Os labores levados a cabo propiciaron a retirada de 1.500 árbores en dominio público de estradas, susceptibles de provocar lumes ou que supoñían un risco de caída na calzada

06/11/21 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para ampliar os aparcadoiros do Hospital Materno-Infantil da Coruña e do Naval de Ferrol, que suporán un investimento de preto de 1 M€

As obras nestes dous hospitais públicos iniciaranse a comezos de 2022 e quedarán totalmente rematadas o vindeiro ano, xa que teñen un prazo de execución de seis meses

06/11/21 | 11:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellora a seguridade viaria na estrada autonómica LU-133 en Ribadeo, no treito coincidente co Camiño Norte

A actuación céntranse na retirada das biondas e na colocación dunha pasarela de madeira de 2 metros de ancho para favorecer o tránsito seguro dos peregrinos

05/11/21 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras da senda peonil na estrada autonómica OU-195 no concello de Pontedeva

A intervención de mellora da seguridade viaria e de fomento da mobilidade sostible conta cun investimento de preto de 50.000 euros e cun prazo de execución de 3 meses