Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

14/10/21 | 13:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Festival de Teatro de Estambul premia como mellor actriz a Olga Cameselle polo seu papel no espectáculo do Centro Dramático Galego ‘Serva me, servabo te’

Tras a xira por Lugo, Ferrol e Turquía, a última montaxe da unidade teatral da Xunta volve esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago con dúas únicas funcións

14/10/21 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa no Courel o Festival Eidos de Outono, ao que achega 49.500 euros no marco do Xacobeo 21-22

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que responde a unha nova iniciativa do Goberno galego para contribuír á reactivación da actividade empresarial e artística no sector musical

13/10/21 | 19:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O libro ‘Mamasunción’ repasa o proceso creativo de Chano Piñeiro co apoio da Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación da obra do director e guionista Pedro Sancho

13/10/21 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta co Xacobeo 21-22 devolve a Vigo a capitalidade internacional da danza co Vigo Porté

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, destaca o apoio do Executivo galego a este certame, recoñecido como un dos eventos de baile máis importantes de Europa e que espera reunir en novembro a uns 2.000 bailaríns

13/10/21 | 14:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Salón Teatro de Santiago acolle o ciclo de espectáculos en lingua portuguesa ‘Quintas do Camões’

Organizado polo Centro Dramático Galego, unidade teatral da Xunta, en colaboración co Centro Cultural Português do Camões

13/10/21 | 13:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A décimo novena edición do Festival de Cine Árabe Amal celebrarase na última semana deste mes co apoio da Xunta

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salienta o apoio do Goberno galego pola reactivación do sector cultural con iniciativas novidosas como o Bono Cultura

13/10/21 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora co 31º Festival de Jazz de Lugo para a difusión deste xénero cun cartel internacional

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou na presentación do evento, que ofrecerá 23 concertos do 5 ao 21 de novembro

13/10/21 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAC mostra o potencial do deseño español coa mostra 'Identidade e territorio'

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a exposición, promovida pola Rede Española de Asociacións de Deseño e a Asociación Galega de Deseño

12/10/21 | 12:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta coproducirá un espectáculo no marco da Bolsa de Dramaturxia e Creación impulsada polo Centro Dramático Galego e o sector teatral

A compañía que resulte seleccionada recibirá ata 12.000 euros para levar a escena unha peza a partir do texto Relato dun incendio, de Ernesto Is, gañador da primeira fase da iniciativa

12/10/21 | 11:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional