Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

04/03/21 | 12:37 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia conta con casas niño no 75% dos concellos con menos de 5.000 habitantes sen outros recursos de conciliación

A Xunta publicará a semana que vén unha nova orde coa que procura chegar ao 100% dos municipios

03/03/21 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade
02/03/21 | 17:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega 400.000 euros para incrementar a axuda no fogar para dependentes no concello de Poio nun 8,5% ata as 41.724 horas anuais

O delegado territorial, Luis López, mantén un encontro co alcalde, Luciano Sobral, e con traballadoras do SAF para informarlles das melloras nesta prestación e da alza de investimentos este ano en Servizos Sociais por parte do Goberno galego

02/03/21 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén reúnese coa presidenta da Asociación APES para estudar futuras liñas de colaboración

Gabriel Alén subliñoulle que “a Xunta ven de aprobar a maior orde de axudas a entidades de inclusión social da historia”, e que destinará 3,4 millóns de euros a 29 organizacións da provincia de Ourense

02/03/21 | 13:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá 180.000 euros para reformar o centro sociocomunitario de Muros

As novas obras céntranse na renovación da cuberta, na mellora das carpinterías da planta baixa, na adaptación dos aseos para persoas con mobilidade reducida e na colocación dun novo sistema de calefacción

01/03/21 | 12:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina máis de 1,3 millóns á Federación de Persoas Xordas para facilitar a comunicación e avanzar cara á accesibilidade universal

Realizan iniciativas de comunicación accesible para traducir a lingua de signos as medidas máis importantes do DOG, como por exemplo, as relativas á covid-19

26/02/21 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Pereiro de Aguiar

Gabriel Alén fixo balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello destacando as achegas da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo de 40.000 euros para a creación e adecentamento de varios parques infantís

24/02/21 | 13:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a innovación social a través de proxectos como o da empresa pontevedresa Envita para personalizar a atención ás persoas maiores

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitaron esta mañá a compañía, que desenvolveu unha ferramenta para mellorar os coidados a este colectivo

24/02/21 | 11:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada os avances realizados en Galicia na Historia Social Única Electrónica ao Goberno da Comunidade de Madrid

Este sistema integra todos os datos relativos á atención social, o que facilita a coordinación entre todos os axentes que participan na súa xestión