Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

12/11/21 | 11:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A obra de ampliación da Avenida da Deputación de Sabón, en Arteixo, fai necesario un corte diúrno do tráfico esta fin de semana

O corte comezará o sábado ás 8 horas, restablecéndose o tráfico ás 20 horas, repetíndose o domingo a mesma operación para evitar a afección en días laborables

11/11/21 | 19:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproveitará ao máximo os fondos europeos para avanzar na transformación da mobilidade sostible a pesar dos condicionantes do Goberno central

Menéndez lamenta que o Executivo estatal só lle conceda a Galicia 51 M€ para investir en concellos de máis de 50.000 habitantes, deixando fóra á maior parte do territorio galego

11/11/21 | 19:31 | C. de Sanidade

A Xunta abordará co concello de Carballo a posta en marcha dun Centro Integral de Saúde

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de remitir unha carta ao alcalde para axilizar os trámites que permitan unha solución urbanística para ampliar a edificabilidade da actual parcela en 1.820 m2

11/11/21 | 19:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca o consenso absoluto dos técnicos no deseño e funcionalidade da variante de Ribeira para dotar o núcleo urbano de novos accesos alternativos á AC-550

Francisco Menéndez adianta a incorporación de melloras no proxecto para reducir no posible o impacto aos veciños e a participación do Concello no deseño exacto das obras da 1ª fase, de conexión da glorieta do final da autovía do Barbanza coa avenida da Constitución

10/11/21 | 17:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia os traballos topográficos para a redacción dos proxectos do ‘Novo Chuac’ e dos seus accesos

A UTE Pinearq-Vázquez Muíño-Monteoliva está a realizar as primeiras medicións do terreo para elaborar o anteproxecto e iniciar a tramitación urbanística das novas fases do complexo hospitalario, do viario perimetral e dos accesos

10/11/21 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras de reforzo do firme nas estradas que comunican O Saviñao con Monforte e Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se investiron 2M€ en 12 quilómetros da vía de altas prestacións CG 2.1 máis 10 quilómetros da LU-533

10/11/21 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras de mellora do firme na estrada AC-453, ao seu paso por Ames e Val do Dubra, fará necesario un corte de tráfico este venres

Prevese que este corte sexa o último dos programados e a circulación quedará restablecida ao final da xornada

10/11/21 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras das sendas peonís en Vilar de Cas e Güimil e da mellora da contorna do santuario de Couso de Salas, en Muíños, cun investimento da Xunta de 200.000 €

Esta intervención na estrada OU-302 porá á disposición dos veciños 560 metros de novos itinerarios para desprazarse dun xeito máis cómodo e seguro e contribuirá a poñer en valor o Santuario de Couso de Salas como atractivo turístico

10/11/21 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras de mellora do firme en 50 quilómetros das estradas autonómicas AC-523 e da AC-840 cun investimento de máis de 3,6M€

O delegado da Xunta na Coruña supervisou o resultado das obras de mellora na AC-523 ao seu paso por este concello

10/11/21 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe catro ofertas para executar as obras de renovación do firme nos accesos dos hospitais públicos de Lugo, que suporán un investimento de 486.000 euros

Mellorarase a accesibilidade e a seguridade viaria nas contornas do Hospital Lucus Augusti, do Hospital de Calde, do Hospital Comarcal de Monforte e do Hospital da Costa e dotaranse de zonas de aparcadoiro os centros hospitalarios de Monforte de Lemos e de Burela